| Traballo e libre elección
de profesión ou oficio |
O traballador ten liberdade á hora de decidir o
traballo ou profesión á que se vai adicar. Non poderá
ser obrigado contra a súa vontade a desempeñar ningún
traballo . |
| Libre sindicación |
A liberdade sindical confire ós traballadores
varios dereitos . |
| Negociación colectiva |
As condicións de traballo regúlanse mediante a
negociación colectiva entre os representantes dos
traballadores e o empresario ou os seus representantes. |
| Adopción de medidas de
conflicto colectivo. |
Os traballadores teñen dereito a adoptar medidas
colectivas para defender os seus intereses no marco das
relacións laborais. |
| Folga |
O art.28.2 CE recoñece o dereito á folga dos traballadores
para a defensa dos seus intereses. |
| Reunión. |
No Capítulo II do Título II do Estatuto dos traballadores
recoñécese o dereito a reunirse en asemblea dos traballadores
dunha mesma empresa ou centro de traballo. |
| Participación na empresa. |
Os traballadores teñen dereito a participar na
empresa a través dos seus órganos de representación. |