| Cumprir coas obrigas concretas do
seu posto de traballo, de conformidade coas regras da boa fe
e dilixencia. |
O traballador está obrigado a realizar o traballo
convido baixo a dirección do empresario ou persoa en
quen este delegue. |
| Observar as medidas de seguridade
e hixiene que se adopten. |
Os traballadores deben facer uso dos medios
de protección que lles proporcione a empresa e respectar as
medidas de seguridade e hixiene adoptadas por esta. |
| Cumprir as ordes e instruccións
do empresario no exercicio regular das súas facultades
directivas. |
O traballador está obrigado a cumprir as
ordes empresariais, se ben estas deberán ser correctas e
razoables, xa que en caso contrario, o traballador poderá
negarse a cumprilas, exercitando o chamado "dereito a
resistirse. |
| Non concorrer coa actividade da
empresa, nos termos fixados pola lei. |
Os traballadores non poden realizar competencia
desleal á empresa, desenvolvendo de forma autónoma, unha
actividade productiva similar que puidera substraerlle clientela. |
| Contribuír á mellora
da productividade. |
O traballador deberá contribuír a que a cantidade e
calidade do producido sexa maior e mellor. |
| Cantos se deriven, no seu caso,
dos respectivos contratos de traballo. |
Por exemplo, o pacto de permanencia na empresa cando
o traballador reciba unha especialización profesional. |