| A ocupación efectiva |
O empresario debe asignarlle ó
traballador un posto de traballo, unhas tarefas e poñer
á súa disposición os medios adecuados para levalas a
cabo. |
| A promoción e formación
profesional no traballo. |
Os traballadores teñen dereito a
ascender na empresa, e a gozar de permisos para concorrer
a exames, a preferencia á hora de elexir turno de traballo
e á adaptación da xornada de traballo para asistir a cursos
de formación profesional. |
| A non ser discriminados. |
Os traballadores non poden ser discriminados
por razóns de sexo, estado civil, idade dentro dos límites marcados
pola lei, raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas,
afiliación ou non a un sindicato, así como por razóns de língua,
dentro do Estado español. |
| A súa integridade física e
a unha adecuada política de seguridade e hixiene. |
O traballador, na prestación dos seus
servicios, terá dereito a unha protección eficaz en materia
de seguridade e hixiene. |
| O respecto da súa intimidade
e a consideración debida da súa dignidade, comprendida a protección
frente a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual. |
O empresario debe ter o respecto debido
á dignidade do traballador, sen que este poida ser obxecto
de tratos vexatorios ou humillantes. |
| A remuneración puntual da
remuneración pactada ou legalmente establecida. |
A liquidación e pago do salario
farase puntual e documentalmente na data e lugar convidos
ou conforme os usos e costumes. |
| O exercicio individual das
accións derivadas do seu contrato de traballo. |
En caso de incumprimentos por parte
do empresario, o traballador pode reclamar ante a xurisdicción
laboral. |
| A cantos outros dereitos
se deriven específicamente do contrato de traballo. |
O traballador poderá exercitar aqueles
dereitos que, sen estar recoñecidos polas leis ou convenios
colectivos, se atopen recollidos no seu contrato de traballo. |