FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A RELACIÓN LABORAL >Dereitos e deberes dos traballadores.

DEREITOS E DEBERES DOS TRABALLADORES

Os traballadores teñen como dereitos básicos os seguintes (art.4 ET.):

Traballo e libre elección de profesión ou oficio O traballador ten liberdade á hora de decidir o traballo ou profesión á que se vai adicar. Non poderá ser obrigado contra a súa vontade a desempeñar ningún traballo .
Libre sindicación A liberdade sindical confire ós traballadores varios dereitos .
Negociación colectiva As condicións de traballo regúlanse mediante a negociación colectiva entre os representantes dos traballadores e o empresario ou os seus representantes.
Adopción de medidas de conflicto colectivo. Os traballadores teñen dereito a adoptar medidas colectivas para defender os seus intereses no marco das relacións laborais.
Folga O art.28.2 CE recoñece o dereito á folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses.
Reunión. No Capítulo II do Título II do Estatuto dos traballadores recoñécese o dereito a reunirse en asemblea dos traballadores dunha mesma empresa ou centro de traballo.
Participación na empresa. Os traballadores teñen dereito a participar na empresa a través dos seus órganos de representación.
Seguinte[1][2][3]