FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A RELACIÓN LABORAL >Dereitos e deberes dos traballadores.

Os traballadores teñen como deberes básicos os seguintes (Art.5 ET.):

Cumprir coas obrigas concretas do seu posto de traballo, de conformidade coas regras da boa fe e dilixencia. O traballador está obrigado a realizar o traballo convido baixo a dirección do empresario ou persoa en quen este delegue.
Observar as medidas de seguridade e hixiene que se adopten. Os traballadores deben facer uso dos medios de protección que lles proporcione a empresa e respectar as medidas de seguridade e hixiene adoptadas por esta.
Cumprir as ordes e instruccións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas. O traballador está obrigado a cumprir as ordes empresariais, se ben estas deberán ser correctas e razoables, xa que en caso contrario, o traballador poderá negarse a cumprilas, exercitando o chamado "dereito a resistirse.
Non concorrer coa actividade da empresa, nos termos fixados pola lei. Os traballadores non poden realizar competencia desleal á empresa, desenvolvendo de forma autónoma, unha actividade productiva similar que puidera substraerlle clientela.
Contribuír á mellora da productividade. O traballador deberá contribuír a que a cantidade e calidade do producido sexa maior e mellor.
Cantos se deriven, no seu caso, dos respectivos contratos de traballo. Por exemplo, o pacto de permanencia na empresa cando o traballador reciba unha especialización profesional.
Seguinte[1][2] [3]