FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
A RELACIÓN LABORAL >Dereitos e deberes dos traballadores.

Na relación de traballo os traballadores teñen dereito a (Art.4 ET.):

A ocupación efectiva O empresario debe asignarlle ó traballador un posto de traballo, unhas tarefas e poñer á súa disposición os medios adecuados para levalas a cabo.
A promoción e formación profesional no traballo. Os traballadores teñen dereito a ascender na empresa, e a gozar de permisos para concorrer a exames, a preferencia á hora de elexir turno de traballo e á adaptación da xornada de traballo para asistir a cursos de formación profesional.
A non ser discriminados. Os traballadores non poden ser discriminados por razóns de sexo, estado civil, idade dentro dos límites marcados pola lei, raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas, afiliación ou non a un sindicato, así como por razóns de língua, dentro do Estado español.
A súa integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene. O traballador, na prestación dos seus servicios, terá dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e hixiene.
O respecto da súa intimidade e a consideración debida da súa dignidade, comprendida a protección frente a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual. O empresario debe ter o respecto debido á dignidade do traballador, sen que este poida ser obxecto de tratos vexatorios ou humillantes.
A remuneración puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida. A liquidación e pago do salario farase puntual e documentalmente na data e lugar convidos ou conforme os usos e costumes.
O exercicio individual das accións derivadas do seu contrato de traballo. En caso de incumprimentos por parte do empresario, o traballador pode reclamar ante a xurisdicción laboral.
A cantos outros dereitos se deriven específicamente do contrato de traballo. O traballador poderá exercitar aqueles dereitos que, sen estar recoñecidos polas leis ou convenios colectivos, se atopen recollidos no seu contrato de traballo.
Seguinte[1][2][3]