IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Departamento de inglés.
Curso 07-08

Persoal do departamento

Este Departamento está formado por:

PROFESOR/A TITORÍA/CARGO
Mª Esther Felpeto Gayoso Titora E2B
Mª Cruz Lamas Rego -
Sonsoles Pérez Laorden Titora B1B
Mª Concepción Quintela Rego Titora B2C
Inés Ramil Rego Titora E3A
Ana Mª Rodríguez López Xefa Departamento
Mª Teresa Sanmartín Martínez -

Materias impartidas e libros de texto

O Departamento de Inglés imparte clase en todos os niveis. Indícanse na seguinte táboa as materias impartidas distribuidas por cursos, así como os libros de texto utilizados.

CURSO MATERIA TÍTULO AUTOR EDITORIAL
1º ESO Inglés

Oxford Spotlight 1 Student's book

Oxford Spotlight 1 Workbook pack

P. Davis & T. Falla Oxford
2º ESO Inglés

Oxford Spotlight 2 Student's book

Oxford Spotlight 2 Workbook pack

P. Davis & T. Falla Oxford
3º ESO Inglés

Oxford Spotlight 3 Student's book

Oxford Spotlight 3 Workbook pack

P. Davis & T. Falla Oxford
4º ESO Inglés

Oxford Spotlight 4 Student's book

Oxford Spotlight 4 Workbook pack

P. Davis & T. Falla Oxford
1º BAC Inglés Bonus 1 Student's book pack D. Bolton & J. Wyldman Oxford
2º BAC Inglés

Bonus 2

D. Bolton & J. Wyldman Oxford

Atención ao alumnado pendente

Tendo en conta que a materia de Lingua Inglesa é de contido progresivo o alumnado con dita materia pendente poderá superala tendo superada a materia pertencente ao curso en que está matriculados no momento que se convoque a proba final do mes de maio. O profesorado de cada grupo con alumnado pendente farán o seguimento destes alumnos ó longo das dúas primeiras avaliacións. Xa que todo o alumnado ten dereito a realizar a proba final de maio, no caso de presentarse a esta proba o alumnado que teña superada a materia pendente como consecuencia da avaliación continua, será a nota da proba de maio a que se terá en conta. As probas finais de maio será iguais cas de setembro e cos mesmos criterios de cualificación.

Programación do Departamento

Na programación do Departamento poderás ver: os temarios, actividades extraescolares, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.

Actividades extraescolares

Realizarase unha actividade complementaria no primeiro curso da E.S.O. Neste curso ofreceselle o alumnado a posibilidade de asistir a proxección dunha pelicula en lingua inglesa. Realizarase un conta-contos para o resto do alumnado na primeira ou segunda avaliacions.

PROXECTO COMENIUS

O instituto ten concedido un Proxecto Comenius “As diferentes voces de Europa” no que participa o departemento de Inglés. Traballarase principalmente nos grupos de PDCs e no grupo de Inglés 2ª Lingua.


Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva