IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Departamento de Tecnoloxía.
Curso 007-08

Persoal do Departamento

O Departamento de Tecnoloxía está formado por:

PROFESOR/A TITORÍA/CARGO
José Gabriel Anaya González Titor E3G
Manuel Leis Fidalgo Xefe de Departamento
Verónica Santiso Varela Titora E3E
María Jesús Vázquez Cabana -

Materias impartidas e libros de texto

O Departamento de Tecnoloxía imparte as materias de Tecnoloxía e Informática. Na seguinte táboa aparecen indicadas as materias impartidas distribuidas por cursos, así como os libros de texto utilizados (en caso de habelos).

CURSO MATERIA TÍTULO AUTOR EDITORIAL
2º ESO TECNOLOXÍA TECNOLOXÍA P. Viejo McGraw-Hill
3º ESO TECNOLOXÍAS TECNOLOXÍAS II J. Megía Sanmiguel e outros Oxford
4º ESO TECNOLOXÍA TECNOLOXÍA J. Mejía e outros Akal
INFORMÁTICA Sen texto

Atención ao alumnado pendente

O alumnado con materias do Departamento pendentes de cursos anteriores, terá a posibilidade de superalas mediante exames parciais. Haberá 3 exames ao longo do curso. Pódese descargar este arquivo no que se recolle a distribución da materia nos tres exames e outra información de interese. O alumnado poderá solicitar axuda e orientación ao profesorado do Departamento sobre a preparación dos exames. As probas terán lugar nas datas e lugares indicados pola Dirección do Centro.

Ademais das probas anteriores que decidimos realizar neste Departamento, faranse os exames preceptivos establecidos pola Consellería de Educación.

Programación do Departamento

Na programación do Departamento poderás ver: os temarios, actividades extraacadémicas, criterios de avaliación, etc. Pódese obter a programación descargando este arquivo.

Instalacións do Departamento

O Departamento de Tecnoloxía conta con 3 talleres: B102, B103 e B104 para desenvolver os contidos prácticos propios da materia. Para a parte de Informática hai dispoñible unha aula con 15 ordenadores, D202. Ademais, usarase unha segunda aula, D102, cando hai coincidencia de horarios na primeira.

Actividades extraescolares

Este departamento, en colaboración con Ciencias Naturais e Física e Química , ten prevista unha visita ò Parque Eólico Experimental de Sotavento. Este parque está situado na Serra da Loba, entre os termos municipais de Xermade e Monfero, a uns 10 Km de As Pontes de García Rodríguez. As datas da visita están por determinar.

PROXECTO COMENIUS

Este Departamento participa tamén no programa Comenius 1 “ Las diferentes voces de Europa”, xunto con centros de Italia e de Grecia.


Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva