|
Actualizado: 19/04/2012 - 13:00 |
|
![]() |
OLA E ADEUS, ADEUS E OLA |
|
Despois de cinco cursos, este sitio web pecha as ventás. Desde agora mesmo deixa de actualizarse porque nos incorporamos ó proxecto Webs Dinámicas. |
|
| Novo sitio web |
|
Actualizado: 10/04/2012 - 10:00 |
|
![]() |
NOVO WEB DA REAL ACADEMIA GALEGA |
|
A Real Academia Galega estreou o seu novo sitio web, "un paso adiante no proceso de modernización da institución e un salto cualitativo en canto a volume e organización de información sobre a Academia, as súas producións e arquivos", segundo palabras do seu presidente X. L. Méndez Ferrín. O sitio web incorpora o novo dicionario en liña. |
|
| dicionario RAG |
|
Actualizado: 22/03/2012 - 9:00 |
|
![]() |
COMENIUS - VIGO 2012 |
|
Reportaxe fotográfica de algunha das actividades desenvolvidas no encontro do programa Comenius, celebrado no noso centro os primeiros días deste mes. Todas as fotos foron feitas por Carla da Vila, alumna de 3º A. Grazas Carla e parabéns para ti. |
|
| Fotos Comenius |
|
Actualizado: 13/03/2012 - 12:00 |
||
|
|
|
AVISO IMPORTANTE |
|
Debido á convocatoria de folga xeral o día 29 de marzo, o Centro vese na necesidade de modificar o calendario de avaliacións e, como consecuencia, NON haberá clases o martes 27 de marzo pola tarde. |
||
|
Actualizado: 06/03/2012 - 10:00 |
|
![]() |
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA VERÁN 2012 |
|
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca
2.495 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2012. |
|
| axudasle |
|
Actualizado: 27/02/2012 - 12:00 |
|
![]() |
ADMISIÓN ESO E BACHARELATO 2012-2013 Decreto 30/2007 - DOG do 16 de marzo |
|
1 de marzo a 30 de marzo: Presentación de solicitudes. (1 a 20 de abril: presentación documentación acreditativa dos criterios de admisión, se é o caso) 26 de abril a 30 de abril: Publicación listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. 3 de maio: Publicación listaxes definitivas de admitidos e non admitidos. Publicación datas de matrícula para o alumnado admitido |
|
| Máis información na páxina de Secretaría |
|
Actualizado: 15/12/2011 - 13:00 |
|
|
|
INFORMACIÓN PARA O DÍA DE ENTREGA DE NOTAS (21 DE DECEMBRO) |
|
Os autobuses pasarán polas paradas dúas
horas máis tarde do seu horario habitual durante o curso. |
|
| BOAS FESTAS E FELIZ ANO 2012 |
|
Actualizado: 15/11/2011 - 12:15 |
||
![]() |
A LINGUA SABE A PAN-CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense) | |
|
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, mesturaron e produciron nos estudos Muu! de Vigo. |
||
| A lingua sabe a pan | A lingua sabe a pan (Karaoke) | |
|
Actualizado: 14/11/2011 - 11:15 |
|
|
|
MAGOSTO 2011 |
| Álbum de fotos da festa do magosto | |
| Fotos magosto 2011 |
|
Actualizado: 08/11/2011 - 12:30 |
|
![]() |
AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES |
|
Calendario de exames para o alumnado que ten materias pendentes de cursos anteriores, elaborado pola Xefatura de Estudos en coordinación cos distintos Departamentos. |
|
| Exames pendentes ESO-BACH |
|
Actualizado: 03/10/2011 - 11:00 |
|
![]() |
DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA |
|
O ILGA (Instituto da Lingua Galega) da USC vén de poñer a disposición de todos un dicionario de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar e nun rexistro formal. |
|
| Dicionario de pronuncia |
|
Actualizado: 20/09/2011 - 12:00 |
|
![]() |
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2011-2012 |
|
Poñemos a disposición de toda a comunidade educativa o calendario escolar para este curso. Se queres, pódelo descargar e imprimir. |
|
| Calendario escolar 2011-2012 |
|
Actualizado: 05/09/2011 - 9:00 |
||||
|
|
PRESENTACIÓNS CURSO 2011-2012 | |||
| VENRES 16 DE SETEMBRO | lUNS 19 DE SETEMBRO | |||
| 1º ESO: | 10:30 | 2º ESO: | 10:30 | |
| 1º BACHARELATO: | 11:00 | 3º ESO: | 11:00 | |
| 2º BACHARELATO: | 11:30 | 4º ESO: | 11:30 | |
|
Os autobuses pasarán polas paradas dúas horas máis tarde do seu horario habitual
durante o curso e sairán do Instituto ás 12:30. |
||||
|
Actualizado: 01/09/2011 - 10:00 |
|
![]() |
CALENDARIO SETEMBRO - MATRÍCULA 2011-2012 |
| Luns 5 (ás 12:00): exposición de actas de 2º Bach e recollida de documentación selectividade. | |
| MARTES 6 (ás 13:30): entrega de notas de ESO e 1º bacharelato | |
| Mércores 7: matrícula de 1º e 4º ESO e 1º Bach. | |
| Xoves 8: matrícula de 2º e 3º ESO e 2º Bach. |
|
Actualizado: 29/06/2011 - 13:00 |
|||
![]() |
CALENDARIO EXAMES SETEMBRO - LIBROS TEXTO 2011-2012 | ||
|
Calendario de exames de setembro, aprobado polo claustro o día 29 de xuño, e libros de texto para o curso 2011-2012 |
|||
| Exames setembro | Libros de texto ESO | Libros de texto BAC. | |
|
Actualizado: 03/05/2011 - 11:15 |
||
![]() |
MATRÍCULA CURSO 2011-2012 (Só para o alumnado que aprobou todo en xuño) |
|
| 1º ESO: 23, 24 e 27 de xuño | 1º Bacharelato: 4 de xullo | |
| 2º ESO: 30 de xuño | 2º Bacharelato: 1 de xullo | |
| 3º ESO: 30 de xuño | ||
| 4º ESO: 1 de xullo |
A matrícula realizarase só os días que se indican |
|
|
Actualizado: 03/05/2011 - 12:00 |
|
|
|
LISTAXE ADMITIDOS CURSO 2011-2012 |
| Listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso académico 2011-2012 | |
| Admitidos 2011-2012 |
|
Actualizado: 14/04/2011 - 12:40 |
|
![]() |
PROGRAMA ARCE |
|
Entre os días 11 e 15 de abril o noso centro está
a coordinar a visita dun grupo de alumnos e profesores de centros
escolares de tres Comunidades Autónomas: o I.E.S El Doctoral de
Santa Lucía (As Palmas-Illas Canarias), o I.E.S. Gabriel
García Márquez (Tiétar-Extremadura) e o I.E.S. Pompeu Fabra
(Martorell-Cataluña). Esta estancia enmárcase no desenvolvemento
dun proxecto Arce titulado “Diversidade 100% natural”, no que se
levarán a cabo distintas actividades que teñen por obxectivo
potenciar a diversificación educativa e a educación compensatoria a
través do tratamento da protección do medioambiente. Ademais das
xornadas de convivencia no propio centro realizarán, dentro das
actividades previstas, unha excursión guiada ao Parque Natural das
Illas Cíes e outra visita a Santiago de Compostela. |
|
| Fotos |
|
Actualizado: 11/03/2011 - 10:40 |
|
![]() |
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA VERÁN 2011 Solicitude de axudas para estadías no estranxeiro |
|
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2011. |
|
| axudasle |
|
Actualizado: 11/03/2011 - 10:30 |
|
![]() |
CONCELLO DE VIGO Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (PILI 2011) |
|
O Concello de Vigo abriu o prazo para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa (P.I.L.I. 2011), que permitirá a estadía de alumnos de 3º ESO durante tres semanas no Reino Unido. Os interesados poderán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello dende o 14 de marzo ata o 6 de abril. |
|
| Toda a información en: www.pilivigo.org |
|
Actualizado: 04/03/2011 - 10:00 |
|
![]() |
ADMISIÓN ESO E BACHARELATO 2011-2012 Decreto 30/2007 - DOG do 16 de marzo |
|
1 de marzo a 31 de marzo: Presentación de solicitudes. (1 a 20 de abril: presentación documentación acreditativa dos criterios de admisión, se é o caso) 26 de abril a 30 de abril: Publicación listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. 6 de maio: Publicación listaxes definitivas de admitidos e non admitidos. Publicación datas de matrícula para o alumnado admitido |
|
| Máis información na páxina de Secretaría |
|
Actualizado: 21/02/2011 - 12:00 |
|
![]() |
PROXECTO TOMTOM |
|
O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística vén de crear unha voz en galego para os GPS TomTom. A voz é de Irene Luaces, alumna de 3º ESO-C. Viaxa en galego, é máis seguro. |
|
| Proxecto TomTom |
|
Actualizado: 04/02/2011 - 12:30 |
|
![]() |
DOAZÓN DE ÓRGANOS E TECIDOS |
|
Charla divulgativa co alumnado de 1º de bacharelato sobre Doazón e Transplantes, organizada pola OCT (Oficina de Coordinación de Transplantes-SERGAS) |
|
| Foto_1 - Foto_2 - Foto_3 - Foto_4 - OCT |
|
Actualizado: 28/01/2011 - 11:30 |
|
![]() |
SEMANA DA PAZ |
|
Programa prevención condutas violentas (Cruz Vermella) Testemuña: O Holocausto: sobrevivir a Auschwitz Exposición: O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción - CEIDA Obradoiros NON VIOLENCIA: Asociación "Mundo sin Guerras" |
|
| Cruz Vermella - Mundo sin Guerras - Vídeo NON VIOLENCIA - CEIDA - Fotos exposición CEIDA - Testemuña |
|
Actualizado: 26/11/2010 - 11:30 |
|
![]() |
PREMIOS CIENCIA QUE CONTA |
|
Os nosos parabéns a María García González, alumna de 4º ESO-B, gañadora do 3º premio, na categoría alumnado de secundaria, no 3º concurso Ciencia que conta 2010 polo seu relato “Un futuro menos negro”. |
|
| Ciencia que conta |
|
Actualizado: 22/11/2010 - 10:30 |
|
|
|
MAGOSTO 2010 |
|
Xa está a disposición de toda a comunidade educativa a reportaxe fotográfica sobre a festa do magosto. Grazas a todos por colaborar. |
|
| Ver en Picasa - Diapositivas |