25 aniversario
 videos


Os inicios

Carta dun alumno

Homenaxe


folla
 
 

HISTORIA
                                                            

1986 - CRÉASE O INSTITUTO DO CARRIL
NO LUGAR DA FÁBRICA CANTALARRANA


     O noso Instituto podería chamarse Cantalarrana, xa que no solar que hoxe ocupa houbo unha fábrica de madeira con ese nome. Pouco tempo despois, unha industria de transformación de wolfran e estaño. Pero desaparecidas as fábricas, construíuse o Instituto de Bacharelato de Carril. O 30 de setembro de 1986 celebrouse a primeira reunión do Claustro de profesores na biblioteca do IB Calvo Sotelo (hoxe IES Castro Alobre), e tiña sentido xa que de aí proviña unha parte importante do profesorado e todo o equipo directivo. De todos eles só permanece entre nós Margarita García Armas.

     O curso seguinte, dado o elevado número de alumnos, trasladáronse tres aulas de 1º de BUP ao Ramal, actual edificio da Escola Municipal de Música, funcionando como unha extensión do IB de Carril durante tres cursos.


     O primeiro director foi Miguel Ángel González Estévez, que permaneceu no cargo ata o ano 2001, ano en que dimitiu para adicarse á política, polo que Margarita García, entón vicedirectora, pasou a ocupar o cargo de directora ata que Augusto Guedes de Castro, presenta a súa candidatura para a dirección e é elixido en xullo dese mesmo ano, manténdose no cargo ata hoxe.


     Ata o ano 2004 o nome do centro foi IES Carril. Tras a proposta feita por un grupo de profesores no Claustro do día 3 de abril de 2003 pasou a chamarse IES Miguel Ángel González Estévez (27/02/2004).

(Clic sobre as fotos para ver un album)
album inicios


album profes


  frecha