Antoloxía literaria aos bosques
No departamento de lingua galega quixemos facer unha pequena antoloxía de textos literarios dos nosos autores relacionados coas árbores e os bosques.
Se algo se caracterizou a nosa literatura foi pola identificación dos artistas coa terra. Xa na Idade Media D. Dinís fai falar aos piñeiros antes que o bardo de Bergantiños o fixera no "Himno galego". Na literatura popular hai moitos exemplos nos refráns e sobre todo nas adiviñas. Rosalía ten un poema en castelán que é "Los robles" no que trata sobre o que significa unha tala da masa arbórea para o espírito. Castelao soubo ver o valor económico da súa explotación. Autores da xeración dos 50 como Uxío Novoneyra identificábase plenamente coa Devesa da Rogueira, un dos poucos bosques milenarios que nos quedan. O académico Darío Xohán Cabana soubo ver en "O mundo chámase carballo" un símbolo da nosa historia e o noso ser no mundo.
Podedes ver esta pequena ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA
O texto do HIMNO GALEGO con anotacións
O conto de Andersen "O soño do vello carballo"