Os bosques da contorna

"Todo o bosque brillaba cunha estreliña en cada folla. Húmida a atmosfera, parada, tépeda...  Os meus pés afundíanse nunha masa de folla podre, carriza, gromos tenros, apóutegas, campaíñas azuis. Que emoción fonda a miña, introducíndome na fraga, en procura do meu".
X L Méndez Ferrín
Retorno a Tagen Ata


O respecto á natureza, o amor á terra e a todo o que dela pode agromar, as "criaturas do outro lado", todo isto coñecemos despois de meternos nos bosques e montes da nosa contorna.
Durante o 2º trimestre e parte do 3º, o alumnado de 1º de ESO desenvolveu a programación de Lingua Galega e Literatura desde o proxecto Os nosos bosques.


1.Localización
Primeiro localizamos e lindamos as principais masas boscosas da contorna en mapas 1/25.000. Nesta primeira aproximación tamén houbo unha recollida de datos sobre: extensión, propiedade, flora, fauna, edificacións e tradicións e lendas que puidera haber. Con todos estes datos, en traballos en aula e fóra, desenvolvemos as actividades de lingua programadas.


2.Elaboración de textos científicos
Con documentación adecuada, en distintos soportes, e en grupos de catro fixeron os textos que aparecen nos apartado de Flora e Fauna.


3.Elaboración de textos descritivos
Despois de traballar a descrición coma técnica de expresión, tamén en grupos, fixeron os textos que corresponde a Personaxes, descrición de persoas e Construcións, descrición de espazos.


4.Obradoiro de escrita
Primeiro fixeron unha recollida de lendas e tradicións relacionados cos bosques da contorna. Na aula, en pequenos grupos, repasaron, corrixiron a ortografía, adecuará o léxico e perfeccionaron a redacción ata conseguir textos fluídos. É dicir puíron os textos recollidos e elaboraron Lendas e tradicións.


5.Toponimia
Para traballar léxico fíxose unha recollida de topónimos relacionados co tema clasificáronse  en Hidrotopónimos, FitotopónimosZootopónimos.


6.Libro colaborativo
O libro viaxeiro ou libro colaborativo foi un texto que comezou o alumnado de Primaria, a partir de 3º, onde nós tivemos que facer os dous últimos capítulos, o noveno 1º A e o décimo, co remate da historia, 1º B.
Para poder ler o que xa fixeran os compañeiros de Primaria tivemos que ir á páxina do CEIP de Pedrozos: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/node/235 onde agora está o resultado conxunto da actividade.