Memoria fotográfica da contorna
![]() |
O Equipo de Dinamización Lingüística programou este curso facer unha Memoria fotográfica da contorna, polo que solicitou a colaboración das familias para que nos prestasen fotografías de carácter xeral onde se vexan paisaxes, escenas da vida cotiá, edificios, traballos ... para coñecer como era a vida hai 20, 50 ou 80 anos. O material recollido, ademais de escanealo e documentalo, incorporouse ao arquivo do centro e reproduciuse nunha exposición. |
