Este ano a Actividade anual de centro xirou arredor da memoria. Algunhas das actividades desenvolvidas no marco deste proxecto recollense nos apartados temáticos desta revista dixital, outros, máis xenéricos, recollémolos aquí.

Hai que ter en conta que a maior parte das actividades son actividades de aula e non sempre é posible recollelas neste formato. Tamén hai que destacar que a maior parte dos traballos aquí recollidos, e outros moitos, xa foron expostos físicamente nas instalacións do instituto.