Cociña solar

O alumnado de 1º de bacharelato do IES de Brión construíu unha cociña solar basándonos nun concentrador solar tipo Fresnel. Decidimos elixir esta estructura tomando como referencia o modelo anterior do alumnado de ciencias de 1º Bacharelato 2008-2009, que construira unha cociña solar parabólica, empregando papel reflectante colocado sobre unha paraboloide,  pero cun baixo rendemento debido aos materias empregados, aspecto que intententamos mellorar da maneira máis eficaz.

Basándonos no proxecto realizado anteriormente no centro (a cociña solar parabólica) chegamos á conclusión de que debiamos disminuir o tamaño do reflector para que á hora de movelo sexa máis doado. Así como tamén, cambiar o papel reflectante por espellos.