Construción dunha cúpula autoportante segundo deseños de Leonardo da Vinci. 4º ESO.

O alumnado de  EPV de 4º ESO  construiu unha cúpula autoportante segundo trazados de Leonardo. Este traballo adquire unha importancia especial no noso centro, debido a que no curso 2010/11 os departamentos de Tecnoloxía, Debuxo e Bioloxía e Xeoloxía desenvolveron un proxecto de deseño e construción dunha cúpula xeodésica para usar como invernadoiro.