The story unfolds
O alumnado de 1º ESO presentou aos compañeiros de 1º de primaria do CEIP de Pedrouzos uns contos en inglés acompañados dunhas ilustracións realizadas por eles mesmos.
Este traballo interdisciplinar promovido polos departamentos de Inglés e Debuxo vense desenvolvendo dende hai un mes e preséntase agora en dúas sesións ( 11 e 14 de xuño) ante un público excepcional que xa nesta primeira volta apreciou e agradeceu cos seus aplausos o esforzo do noso alumnado.

