COA LÍNGUA DE EXCURSIÓN – Abril, 2005 Imos para o Porto Continuando co proxecto encetado o curso pasado coa viaxe Terras do val do río Masma, este curso fíxose un desprazamento ata unha das capitais máis significativas da península: a cidade portuguesa de Porto.
Os obxectivos académicos e de formación persoal para o alumnado foron estes:Abrir novos espazos de convivencia e comunicación en galego para que o a lumnado dos distintos centros de ensino medio da área comarcal de Ferrolterra se poidan coñecer e relacionar.Crear interese polo coñecemento concreto, en vivo e en directo, da realidade actual da xeografía, paisaxe, naturaza e medios de transporte, historia, ciencia, economía, arquitectura e hábitos lingüísticos dunha realidade social tan achegada á nosa como a do norte portugués.Promover o uso habitual da lengua galega como vehículo de comunicación normal nas relacións entre rapazas e rapaces. Entidades organizadoras:
Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra; -ENL do IES SOFÍA CASANOVA; -ENL do IES CONCEPCIÓN ARENAL; -ENL do IES DE FENE; -ENL do IES SATURNINO MONTOJO; -ENL do IES CANIDO; -ENL do IESAS TELLEIRAS; -ENL do IES FERNANDO ESQUÍO.
A viaxe desenvolveuse os días 8 e 9 de abril, e fixéronse as seguintes visitas:
- Venres 8: - Visita guiada ao Museu de Arte Contemporánea, de Porto - Visita guiada ao Xardín Botánico da Fundación Serralves - Paseo por Porto e Póvoa de Varzim - Sábado 9: - Visita guiada ao Museu do Carro Eléctrico, (=tranvía) - Viaxe en carro eléctrico polo centro histórico de Porto - Visita ao Visionarium (museu interactivo da ciencia)
|
 |
|