1.- OBXECTIVOS XERAIS.
Para ESO
- Inicia-lo alumno no coñecemento e na aplicación do método científico e entende-la Ciencia como algo integrado que se compartimenta en distintas materias para poder afondar nos diferentes aspectos da realidade.
- Ser capaces en situacións cotiáns de identificar conceptos científicos e valora-la súa utilidade para realizar descricións interpretativas de feitos e fenómenos do entorno.
- Distinguir feitos e interpretacións e, aplicando algún procedemento científico realizar actividades para resolver algunha situación-problema concreto.
- Comprender e expresar mensaxes científicas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade, así como interpretar diagramas, gráficas, expresións matemáticas sinxelas e outros modelos de representación.
- Interpretar cientificamente os principais fenómenos naturais, así como as súas posibles aplicacións tecnolóxicas
- Realización en equipo de actividades científicas, valorando tódalas contribucións, mostrando unha actitude flexible e de colaboración e asumindo responsabilidades no desenvolvemento das tarefas.
- Contrastar e avaliar informacións obtidas en diferentes fontes sobre cuestións científicas e tecnolóxicas básicas do noso tempo.
- Apreciar a importancia da formación científica, e valorala como un proceso sometido a revisión continua.
- Utilizar os coñecementos sobre a Física e a Química para gozar do medio natural.
Entende-lo coñecemento científico como algo integrado e como un proceso en construcción, no que participan distintas disciplinas para afondar nos diferentes aspectos da realidade
Para 1º BACHARELATO
Interpretar as leis da Natureza aplicando formulación matemática
Iniciarse na aplicación do método deductivo nas leis Fisico-Quimicas
Ser capaz de interpretar de xeito rigoroso os fenómenos físicos e químicos
Adquirir hábitos de razoamento a partir de conceptos
Ser capaces de expresar os resultados dunha experiencia correctamente
Para 2º BACHARELATO
Tanto os obxectivos como os contidos e temporalización de 2º BACHARELATO serán os propostos polo Grupo de Traballo de Física e de Química da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) por seren quen elaboran as PAAU
Programación oficial do departamento de Física e Química do IES de Fene , curso 2006-2007 [250 KB]
Descaga este documento para ver os contidos mínimos de cada curso así como os criterios de avaliación
|