TITULARES

Mentres as persoas sexan libres para preguntar o que deben; libres para dicir o que pensan; libres para pensar o que queiran; a liberdade nunca se perderá e a ciencia nunca retrocederá.

Julius Robert Oppenheimer (1904-1967)

Físico estadounidense e asesor de goberno que dirixiu o desenvolvemento das primeiras bombas atómicas.

Foi tamén presidente do comité consultivo xeral da Comisión de Enerxía Atómica (AEC) desde 1947 hasta 1952. En 1954, sen embargo, foi apartado deste cargo sendo acusado de procomunista e de converterse nun risco para a seguridade.

Este feito reflicte a atmosfera política do momento, así como o desgusto de algúns políticos e militares pola oposición de Oppenheimer ao desenvolvemento da bomba de hidróxeno e o seu apoio ao control de armamento. Na investigación que sufriu denunciou duramente as responsabilidades dos políticos na instrumentalización d ciencia.

Oppenheimer dedicou os seus derradeiros anos a estudiar a relación entre ciencia e sociedade  


A educación científica da mocidade é polo menos tan importante, tal vez incluso máis, que a propia investigación.

Glenn Theodore Seaborg (1912-1999)

Químico e premio Nobel estadounidense, coñecido polo seu descubrimento del plutonio e outros elementos químicos

Foi nomeado en 1961 para dirixir la Comisión de Enerxía Atómica de Estados Unidos ata 1967. Seaborg interveu de forma relevante na redacción do Tratado (Limitado) para a Prohibición de Probas Nucleares de 1963, co fin de prohibir os ensaios nucleares no espacio, a atmosfera ou baixo as augas.

En 1997 a Unión Internacional de Química Pura e Aplicada anunciou que o elemento químico de número atómico 106 adoptaría o nome de seaborgio (Sg) no seu honor. 
* Hai algunhs asuntos que son tan serios que so podes bromear con eles.

* Nunca te expreses máis claramente do que es capaz de pensar.


Niels Henrik David Bohr(1885-1962)

Físico danés, galardonado con el Premio Nobel, que hizo aportaciones fundamentales en el campo de la física nuclear y en el de la estructura atómica

Fuxiu do seu país a causa da ocupación alemana en 1940, chegando a Suecia, de onde se trasladaría logo, xunto coa súa familia, aos Estados Unidos. Neste país, Bohr incorporouse ao equipo que traballaba na construcción da primeira bomba atómica en Los Álamos (Novo México), hasta a súa explosión en 1945. Bohr opúxose, sen embargo, a que o proxecto se levara a cabo en total secreto, e temía las consecuencias deste sinistro novo invento. Desexaba un control internacional.

En 1945, Bohr regresou á Universidade de Copenhague onde, inmediatamente, comezou a desenvolver usos pacifistas para a enerxía atómica. Organizou a primeira conferencia 'Átomos para a paz' en Xenebra, celebrada en 1955, e dos años más tarde recibiu o primeiro premio 'Átomos para a paz'.  


O importante en ciencia non é tanto obter novos feitos como descubrir novas formas de pensar sobre eles.

William Lawrence Bragg(1890-1971)

Físico que naceu en Adelaida (Australia) e chegou ao Reino Unido co seu pai en 1908. Xuntos realizaron importantes estudios sobre a estructura dos cristais.

Foi profesor de Física na Universidade de Manchester, onde fixou a estructura dunha gran cantidade de cristais inorgánicos fundamentais. En 1938 trasladouse á Universidade de Cambridge onde creou un laboratorio de bioloxía molecular, no que dedicou especial atención ao estudio da hemoglobina mediante raios X

William Lawrence Bragg e o seu pai, William Henry Bragg, compartiron o Premio Nobel de Física en 1915, o único Premio Nobel compartido por un pai e un fillo. Tamén compartiron outros premios polo traballo que dedicaron —no que foron pioneiros— ao estudio de la estructura de los cristais mediante medicións da difracción de raios X. 
Comprende-las cousas que nos rodean é a mellor preparación para comprende-las cousas que hai máis aló

HIPATIA (aprox. 370-aprox. 415) Filósofa e matemática exipcia

 
Nunca me atopei con alguén tan ignorante de quen non puidese aprender algo.

En cuestiós de ciencia, a autoridade de mil non vale o que o humilde razonamento dun só individuo

Galileo Galilei(1564-1642)
Astrónomo e físico italiano  
Non podemos resolver problemas usando o mesmo tipo de pensamento que usamos cando os creamos. Albert Einstein  
Debemos pensar globalmente, pero actuar localmente. Jane Goodall

Jane Goodall naceu en Londres en 1934. En 1957 viaxou a Kenia, onde pouco despois coñeceu ao paleontólogo Louis Leakey, e gracias á súa intervención en 1960 comezou a investigar aos chimpancés salvaxes na Reserva de Caza en Gombe Stream (Tanzania). En 1965 doctorouse en Etoloxía pola Universidade de Cambridge. Accedeu así ao mundo académico universitario que, dende entón, premiouna con numerosos doctorados honoris causa e galardóns. En 2002 a ONU nomeouna Mensaxeira de Paz.

Toda a obra de Goodall, de profundo carácter científico, está impregnada da vontade de educar na conservación e protección da vida salvaxe e de comunicar os seus achadegos á máis ampla audiencia. Gracias ao seu tesón, a Reserva de Caza de Gombe Stream transformouse nun centro de investigación protexido por un Parque Nacional. É o único lugar do mundo no que se estudia a un grupo de chimpancés, aos seus membros e xenealoxía dende hai 45 anos ininterrumpidamente. En 1977 Goodall creóu nos Estados Unidos o Jane Goodall Institute for Wildlife Research, Education and Conservation. Dedicado á conservación dos chimpancés en África e en todo o mundo, tamén patrocina proxectos de investigación en Burundi, Serra Leona e Gambia. Asimesmo, creou unha Cadea de Santuarios, lugares nos que os chimpancés orfos confiscados aos cazadores furtivos e aos comerciantes ilegais son cuidados e protexidos.
De entre os seus libros destacan ‘Na senda do home’ (1971), ‘Os chimpancés de Gombe’ (1986) e ‘A través da ventá’ (1990), nos que explicou os seus descobrementos: cómo os chimpancés usan ferramentas sinxelas, forman grupos cooperativos de caza, amosan personalidades complexas cunha alta intelixencia e establecen relacións sutís e moi duradeiras entre eles, constituíndo sociedades dun entramado sorprendentemente rico e estructurado. No ano 2003 foi galardoada co premio Príncipe de Asturias  


Obxectivos e contidos mínimos de Física e Química / DESCARGAS PARA ESO

Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web