|
|

|
EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS (EPA)
Gratuíta e de calidade, no IES de Fene, a educación de adultos asegura e garante que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou amplia-los seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional. A través das ensinanzas de adultos pode:
• Adaptarse mellor ás esixencias do seu posto de traballo. • Mellora-la cualificación persoal na súa actividade laboral. • Acceder a outras titulacións ou cursos de formación ocupacional ou profesional. • Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para a mellor adaptación ós cambios. • Unha mellor satisfacción e seguridade no medio persoal e profesional. • Resolver problemas ou necesidades na vida social.
No IES de Fene pode seguir estas ensinanzas na modalidade presencial que se caracteriza pola asistencia continuada dos alumnos ó centro para realizar as actividades previstas nos correspondentes programas.
|
 |
|
|
Destinatarios Poderán cursar ensinanzas de Educación de Adultos todas aquelas persoas maiores de 18 anos, especialmente persoas carentes de titulación básica, desempregados, mozos e mozas e traballadores. Nalgunhas ensinanzas autorízase a inscrición de alumnos menores de 18 anos que, por causas xustificadas, non poden seguir estudios equivalentes en centros ordinarios.
|
|
Ensinanzas para persoas adultas: ensinanzas básicas de niveis I, II e III
As ensinanzas básicas iniciais de nivel I e II están dirixidas a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais.
Nivel I, ou de alfabetización
Destinatarios: tódalas persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo.
Nivel II, ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais
Destinatarios: persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas, seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou potencia-la súa participación activa na vida social, na cultura, na política e na economía.
Nivel III, ou educación secundaria para persoas adultas (ESPA)
Destinatarios: tódalas persoas adultas maiores de 18 anos, sen ningunha titulación, que desexen obte-lo título de graduado en educación secundaria. As persoas adultas poderán permanecer cursando as ensinanzas básicas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise para a adquisición dos coñecementos establecidos.
|
 |
 |
 |
|