Completa a ensinanza básica e abarca catro cursos académicos, entre os doce e os dezaseis anos de idade. Ten como finalidades fundamentais:
• Transmitir a todos os alumnos os elementos básicos da cultura e a formación necesaria para continuar os seus estudios. • Formalos para asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos. • Preparalos para a incrorporación á vida activa ou para acceder á formación profesonal específica de grao medio.
O título obtido ó superar a ESO é o de Graduado en Educación Secundaria, e faculta para o acceso á formación profesional de grao medio ou o bacharelato.
|