TITULARES

TECNOLÓXICO
CIENCIAS DA NATUREZA E DA SAÚDE
HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Optatividade I
Optatividade II

Un programa de Diversificación Curricular é unha forma de adapta-lo currículo básico da etapa de ESO para o alumnado que, aínda tendo dificultades de aprendizaxe, ten posibilidades de acada-los obxectivos educativos mínimos da etapa de ESO. Ademais ten unha distribución horaria diferente.

É unha forma máis de atención á diversidade, pensada só para o 2º Ciclo da E.S.O., de cara a que o alumno/a obteña o título de Graduado en Educación Secundaria.

No IES de Fene no curso 1999-2000 comezamos a impartición dos Programas de Diversificación Curricular, e desde ese curso funcionan dous programas tódolos anos.

REQUISITOS DE ACCESO:

Para poder cursar un programa de diversificación curricular os alumnos e alumnas deben ter máis de 16 anos, ou que os cumpran no ano natural no que comeza o curso, que cursasen o 1º Ciclo da E.S.O.
Que en cursos anteriores tivesen dificultades xeralizadas de aprendizaxe.
Que recibisen medidas complementarias de adaptación do currículo (reforzo educativo ou Adaptación Curricular Individualizada) que fosen beneficiosas como para ter expectativas razoables de acada-los obxectivos xerais de etapa.
Que o Equipo de Profesores manifeste a necesidade de que dito alumno siga un Programa de Diversificación Curricular cun Informe individualizado elaborado polo titor/a.
Que o Departamento de Orientación elabore un informe onde se incluirán as conclusións da avaliación psicopedagóxica e a opinión do alumno/a e dos seus pais ou titores legais respecto da proposta de acceso ó Programa.
Que o autorice a Inspección educativa.


Distribución horaria de 4º ESO / Distribución horaria de Diversificación Curricular

Perlas na redeEquipo directivoCómo chegar ao IES de FENEPonte en contactoGalería de imaxes do IES de FENEBUSCADOREquipo web