RSS para
Artigos
Comentarios

Arquivo para a categoría 'Xeral'

UNHA CTIVIDADE PARA O ALUMNADO DE 4º

Tal como foi explicado en clase, o voso traballo sobre BELEZA E ARTE pode ser presentado en clase, en grupo ou individualmente, ou poderá ser enviado como comentario a este post. Neste caso, deberá ser obrigatoriamente de carácter individual.
Lembrade que ata o de agora son moi poucos os trabllos recibidos da anterior actividade. Sen ese […]

ENSAIO MES DE MARZO

O Ensaio deste mes ten como tema:
PODEMOS VIVIR SEN ARTE?
Sabemos que todas as culturas e civilizacións teñen desenvolvido manifestacións artísticas. Temos visto o papel que nesas manifestacións xogan a beleza e as emocións. Do que se trata neste ensaio é non tanto de que fagas unha investigación sobre esas constantes antropolóxicas ao longo da historia […]

O próximo Faladoiro terá lugar o MERCORES DÍA 29 de marzo (non o xoves, como estaba previsto inicialmente) na BIBLIOTECA das 17 ás 18 h., sobre o tema:
O IMPERIO DA BELEZA E OS ROLES DE XÉNERO
Lecturas sobre as que se desenvolverá a tertulia:
Mercedes Expósito: De la garçonne a la pin-up. Mujeres y hombres en el […]

NOVAS UNIDADES

tema-8-unidade-estetica.pdf
unidade5-oserhumano.pdf

FALADOIRO MES DE FEBREIRO

O Faladoiro deste mes terá lugar o xoves día 23 de 17 h ás 18 h, na biblioteca do centro.
O tema será o mesmo do mes anterior
A VERDADE NA ÉPOCA DA POSVERDADE
Os textos para ler e comentar serán tamén os mesmos e deben ser solicitados ao profesor.

ENSAIO MES DE FEBREIRO

O tema sobre o que deberedes desenvolver o ensaio deste mes é:
A VERDADE DA CIENCIA
Partimos do que temos traballado en clase sobre a concepción da verdade científica segundo o enfoque das dúas grandes correntes de filosofía da ciencia (realismo crítico e convencionalismo instrumentalista). Tendo en conta isto, ten sentido atribuír á ciencia o criterio definitivo […]

Ao longo das últimas clases temos anlizado diversas representacións da identidade adolescente na cultura clásica grega: o mito de Narciso e Eco, as figuras de Edipo, Orestes e Electra. Tomamos en conta igualmente a figura de Hamlet, como posible revisión do mito edípico que pon o acento no carácter eminentemente dubidoso do adolescente. Vimos tamén […]

FALADOIRO MES DE XANEIRO

Ao final do último faladoiro do pasado ano, que tipo lugar pouco antes das vacacións de Nadal, sobre o tema MR. TRUMP E A FILOSOFÍA POLÍTICA, acordamos que o tema para o novo faladoiro sería
A VERDADE NA ÉPOCA DA POSVERDADE
Este novo FALADOIRO FILOSÓFICO terá lugar o
MÉRCORES DÍA 25 de xaneiro, na BIBLIOTECA das 17 ás […]

ENSAIO MES DE XANEIRO

O tema para este ensaio é o mesmo que foi aprobado ao final do último faladoiro do pasado ano e que tamén abordaremos no faladoiro inmediato:
A VERDADE NA ÉPOCA DA POSVERDADE
Para afrontalo é conveniente que antes vos informedes sobre os conceptos de “posverdade” e “posfactual”, por exemplo neste artigo da wikipedia:
https://es.wikipedia.org/wiki/Posverdad
Como veredes, hai autores que […]

EXERCICIO PARA O ALUMNADO DE PSICOLOXÍA

Escolle como tema a desenvolver un destes dous:
A. Incidencia dos factores hormonais nas condutas agresivas.

B. Incidencia dos factores hormonais no fenómeno amoroso e no comportamento sexual.

No desenvolvemento do tema escollido deberás precisar:
A relación entre determinadas hormonas e a conduta ou fenómeno estudados.
De que modo unha intervención dun psicólogo podería incidir no cambio das condutas ou […]

« Ant. - Seg. »