Artigo enviado para Xeral o 2 November, 2015 0 comentarios »
O tema sobre o que debedes desenvolver o voso ensaio deste mes é o mesmo do que nos ocuparemos no Faladoiro deste xoves mais cun enfoque non de todo coincidente. O que se vós pide é que reflexionedes sobre a cuestión da chamada intelixencia artificial, analizando en que medida o concepto de “intelixencia” que se […]
Artigo enviado para Xeral o 28 October, 2015 0 comentarios »
Lembro que esta semana conclúe o tempo para que entreguedes os vosos primeiros ensaios. Podedes envialos en forma de comentarios ao post onde se propón a tarefa. Os comentarios chegarán directamente ao correo do profesor e non serán feitos públicos agás algún caso que previamente o profesor consensuará co alumno ou alumna autor/a do mesmo.
O […]
Artigo enviado para Xeral o 21 October, 2015 0 comentarios »
Tralo debate do 1º Faladoiro, parece que a maioría tendía a recoñecer que a condición humana non era tan distante da condición animal como ten afirmado boa parte da tradición filosófica (a corrente dualista, que considera ao ser humano un composto de alma e corpo). Vimos logo a posibilidade de sumar á comparación coa vida […]
Artigo enviado para Xeral o 4 October, 2015 0 comentarios »
Xa podedes ir consultando a Unidade 2 e os grupos preparando a vosa exposición para clase:
unidade2-os-limites-do-conecemento.pdf
Artigo enviado para Xeral o 28 September, 2015 0 comentarios »
A primeira sesión deste curso terá lugar o
XOVES DÍA 8 de outubro na BIBLIOTECA das 17 ás 18 h., sobre o tema:
EN QUE CONSISTE SER UN SER HUMANO?
Lecturas sobre as que se desenvolverá a tertulia:
René DESCARTES: Meditaciones Metafísicas. VI Meditación.
Antonio DAMASIO: El error de Descartes. Páxs. 283 a 288 do cap. 11. En busca de […]
Artigo enviado para Xeral o 25 September, 2015 0 comentarios »
O tema do ensaio para o mes de outubro é o mesmo que adoptaremos para o 1º Faladoiro:
EN QUE CONSISTE SER UN SER HUMANO?
Esta é a pregunta central da ATROPOLOXÍA FILOSÓFICA. Ao longo da historia, a filosofía ten proporcionado diferentes respostas que podemos concentrar en tres grandes correntes.
- A DUALISTA. Os principais representantes serían Platón […]
Artigo enviado para Xeral o 22 September, 2015 0 comentarios »
Tal como anunciei en clase, velaquí está a Unidade 1 para que poidades preparar as actividades de grupo e o primeiro tema
unidade1-o-saber-filosofico.pdf
Artigo enviado para Xeral o 11 July, 2015 0 comentarios »
Como recibín algunha consulta sobre a modalidade dos exames de setembro, malia tela explicado antes de concluír as clases, e tamén verbalmente ao alumnado que mo solicitou, deixarei aquí por escrito as características dos exames. Ademais poderase facer calquera consulta a través do procedemento habitual (vía comentarios a este post).
EXAME DE 1º DE BACHARELATO
Consistirá nunha […]
Artigo enviado para Xeral o 11 July, 2015 0 comentarios »
Inclúo aquí os últimos traballos sobre o tema, xa convenientemente editados:
Autor : Manuel Pillado Feijóo
Para este traballo centrareime no fenómeno 3, sobre a posible repercusión dos videoxogos ou as películas de acción sobre as persoas.
Na miña opinión este fenómeno é unha esaxeración xa que me parece que os videoxogos ou as películas de acción non […]
Artigo enviado para Xeral o 1 July, 2015 0 comentarios »
Unha nova entrega, que ademais presenta unha tese moi ben argumentada e que se pretende apoiada en estudos empíricos, que se poden consultar indo ao enlace que se cita. Incluímos aquí a “gráfica de Ferguson” á que a autora fai referencia.
AUTORA: Tania Bascoy
¿Puede un videojuego ser peligroso para la democracia?, ¿pueden los videojuegos violentos provocar […]