IX EDICIÓN DE ODISEA 2014
14 March, 2014 por maite
O dia 3 de febreiro comezou a IX edición do concurso de Cultura Clásica Odisea. Participaron nesta edición: Galicia, Valencia, Cataluña, Aragón e Valladolid. A primeira fase local tivo lugar os días 3-6 de febreiro de 2014, e os días elixidos para o desempate local e e a fase estatal foron o 12 e 19 de febreiro, respectivamente.
Nesta ocasión as preguntas tiveron como tema “O teatro en Grecia e Roma”. Este curso participaron no noso centro 8 equipos de 4º de ESO, 2 de 1º de Bacharelato e 2 de 2º de Bacharelato. Un equipo de 1º de Bacharelato pasou ao preguntón de desmpate e quedaron no 2º posto da clasificación final de Galicia. Noraboa a Paula, Ana e Ainoa!