Teatro de Lugo 2014
1 May, 2014 por maite
Durante os días 24, 25,e 26 de marzo celebrouse en Lugo unha nova edición do Festival de teatro grecolatino de Lugo. Este ano foron 42 alumnos e alumnas do noso centro, que son de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Asistiron o mércores, dia 26 de marzo, a dúas representacións de teatro grego: pola mañá á traxedia As Troianas de Eurípides e pola tarde á comedia “Asamblea de mulleres” de Aristófanes, representadas polo grupo El Ruiseñor de A Coruña.
Acompañaron aos seus alumnos as profesoras Rosa Lodeiro, profesora de Lingua Española, Eva Vilariño, profesora de Latín, e Maite Miñambres profesora de Grego.