RSS para
Artigos
Comentarios

Teatro de Lugo 2015

Durante os días 2, 3 e 4 de marzo celebrarase en Lugo unha nova edición do Festival de teatro grecolatino de Lugo. Este ano ampliouse o festival e celebrarase un día, o 9 de marzo, en Ourense coa representación da comedia latina Miles gloriosus. O programa en Lugo é o seguinte:

Día 2 de marzo, luns

12:00 Edipo Rei de Sófocles, SV Producciones (Madrid)
17:00 Cestiña de Plauto, SV Producciones (Madrid)

Día 3 de marzo, martes

12:00 Antígona de Sófocles, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Día 4 de marzo, mércores

12:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

O alumnado do noso centro de 4º T e 4º PDC de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato asistirán o luns, dia 2 de marzo, as dúas representacións de teatro: pola mañá á traxedia Edipo Rei de Sófocles e pola tarde á comedia latina “Cestiña” de Plauto, representadas polo grupo SV Producciones de Madrid.

Comentarios pechados.