O XOVES DÍA 6 DE MARZO IMOS A LUGO
2 March, 2008 por maite
Coarenta e tres alumnos e alumnas do noso Instituto asistirán ao Festival de Teatro Grecolatino de Lugo que este ano se celebra durante os días 3, 4, 5 e 6 de marzo.
Acompañaremos aos nosos alumnos e alumnas as Prof.as Inmaculada Mayer e Maite Miñambres.
Ás 8:45 partiremos cara a Lugo en autobus e estaremos de volta en Santiago sobre as 20:30 horas.
O programa das representacións teatrais será o seguinte:
-
12:00 horas
TROYANAS, Eurípides
Grupo de Teatro do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago
-
17:00 horas
Nubes, Aristófanes
Grupo Prósopon do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz