Os “Argonautas” serán premiados en Lugo no Festival de teatro Grecolatino
10 April, 2007 por maite
O día 17 de abril coincidindo coa asistencia dos nosos alumnos/as ao Festival de Teatro Grecolatino de Lugo o equipo “Argonautas” de 3º T de cultura clásica deste centro, gañador do Concurso de Cultura Clásica Odisea 2007, recollerá o 1º premio no marco do Festival, instantes antes de que comence a representación da traxedia Helena de Eurípides.