IX FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE LUGO
18 March, 2009 por maite
Remata o festival de teatro grecolatino
Lugo 2009
Durante os días 9, 10 e 11 de marzo celebrouse o IX Festival de teatro Grecolatino de Lugo. Na inauguración do Festival entregáronse os premios aos equipos gañadores do concurso de cultura clásica Odisea 2009. Por primeira vez alcánzouse a cifra de 90 centros asistentes e 4.321 espectadores, procedentes de toda Galicia, Asturias e León.O noso centro asistiu con 40 alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato o martes , día 10 de marzo, á representación dunha traxedia de Sófocles, Antígona, e dunha comedia de Plauto, Mostellaria. Os nosos alumnos puideron disfrutar con dúas representacións de teatro clásico a cargo do grupo de teatro Balbo de Puerto de Santa María, grupo pioneiro dos grupos escolares de teatro grecolatino. Acompañaron aos seus alumnos as profesoras Conchita Abuín, profesora de Lingua Española, Inmaculada Mayer, profesora de Historia, e Maite Miñambres profesora de Grego. Ver reportaxe fotográfico .