X Festival de Teatro Grecolatino de Lugo
27 February, 2010 por maite
Durante os días 8, 9,e 10 de marzo celebrarase en Lugo unha nova edición do Festival de teatro grecolatino de Lugo. Este ano irán 52 alumnos e alumnas do noso centro, que son de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Asistirán o martes, dia 9 de marzo, a dúas representacións de teatro grego: pola mañá á comedia “Asamblea de mulleres” de Aristófanes, representada polo grupo extremeño Párodos e pola tarde á traxedia As Troianas de Eurípides, representada polo grupo Parrocha de A Coruña, herdeiros do grupo Sardiña.
Acompañaron aos seus alumnos as profesoras Conchita Abuín, profesora de Lingua Española, Inmaculada Mayer, profesora de Historia, e Maite Miñambres profesora de Grego.
