RSS para
Artigos
Comentarios

Comeza o concurso ODISEA 2012!

Mañá comeza unha nova edición do concurso de Cultura Clásica ODISEA, a VII para Galicia, a V para a Comunidade Valenciana, e a I para Catalunya. Serán un total de 2.397 alumnos, distribuídos en 801 equipos, pertencentes a 161 Centros, repartidos pola xeografía das 3 Comunidades.

Bátense este ano todos os récords de participación, tanto de equipos como de alumnos e centros, en boa medida gracias á extraordinaria acollida do concurso en Catalunya. Unha mágoa a ausencia de Aragón, debido, como non, a problemas de financiamento por parte das autoridades educativas.

Sorte a todos os equipos participantes! Podedes seguir o concurso en directo en Twitter : nesta fonte de Twitter

 

En Catalunya participan 77 Institutos con 765 alumnos en 309 equipos; na Comunidade Valenciana 44 Institutos con 711 alumnos en 255 equipos e en Galicia participan  40 Institutos con 911 alumnos en 237 equipos.

Comentarios pechados.