|
BOLSAS E AXUDAS XESTIONADAS POLO SERVIZO DE AXUDAS E SERVIZOS AO ALUMNADO DA USC
|
|
Convocadas polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC)
|
| O MEC convoca anualmente diversas modalidades de bolsas e axudas ao estudo destinadas ao estudantado dos diferentes niveis do sistema educativo. http://becas.mec.es >>Educación>>Becas generales |
|
1. Bolsas para iniciar estudos universitarios
|
-
Quen pode solicitala? É unha convocatoria que vai dirixida ao alumnado que remata os seus estudos de Bacharelato ou de Formación Profesional e que inician os estudos universitarios tanto na Comunidade Autónoma na que teñen o seu domicilio familiar como nunha distinta á do seu domicilio familiar. O MEC realiza esta convocatoria anticipada para que estes estudantes coñezan se reúnen as condicións para obter unha bolsa antes de levar a cabo a súa preinscrición na Universidade.
-
Cando e onde se publica? Non ten unha data fixa, normalmente entre os meses de febreiro e maio de cada ano, no Boletín Oficial do Estado. Tanto os institutos como os centros de FP están pendentes da publicación no Boletín Oficial do Estado e tamén llo comunica a Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado da USC.
-
Que axudas comprende? Esta bolsa poderá ter os seguintes compoñentes de axuda, segundo os casos:
-
Axuda para a matrícula, que supón a exención ao bolseiro do importe correspondente aos prezos públicos da matrícula polos servizos académicos.
-
Axudas para a residencia, se o/a solicitante reside fóra do domicilio familiar.
-
Bolsa xeral de mobilidade, se o domicilio familiar do/a solicitante se atopa fóra da comunidade autónoma onde realiza os seus estudos.
-
Bolsa especial de mobilidade ou bolsa compensatoria: para as rendas máis baixas o MEC fixa uns límites de renda familiar nos que teñen que estar incluídos os estudantes.
-
Bolsas para libros, desprazamento, etc.
-
Que requisitos son necesarios para ser beneficiario? Para ser beneficiario desta bolsa os estudantes deberán cumprir unha serie de requisitos de carácter económico (que a renda familiar estea nuns intervalos segundo o número de membros que forman parte da familia) e académico (matricularse dun número determinado de materias se os estudos se inician en ensinanzas non renovadas ou de créditos se son renovadas) que se especifican na convocatoria; cumprimentar o impreso que se publica como anexo e que poderá tamén obterse na páxina web http://becas.mec.es >>Educación>>Becas generales, e achegar os documentos que se solicitan: fotocopia do DNI de todos os membros computables da familia maiores de 14 anos; documento facilitado pola entidade bancaria; fotocopia do imposto de bens inmobles rústicos e urbanos, etc.
-
Onde se presentan as solicitudes? As solicitudes preséntanse no centro docente onde se cursaron os estudos de bacharelato ou de formación profesional e tamén nas oficinas de correos ou por medio dos procedementos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992 ,do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
-
Quen estuda as solicitudes e propón aos posibles bolseiros? Para o estudo das solicitudes presentadas e selección dos posibles bolseiros constitúese en cada universidade un órgano colexiado, cuxa composición vén publicada na convocatoria, que está apoiado pola Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado. A Subdirección Xeral de Tratamento da Información do MEC emite as notificacións de denegación aos solicitantes que non cumpran os requisitos económicos que se esixen na convocatoria, ou de concesión aos que os cumpran. A estes últimos envíalles un documento acreditativo de estaren en posesión deses requisitos e con el poden formalizar a súa matrícula na universidade sen teren que pagar os prezos públicos por servizos académicos. É obrigatoria presentar a acreditación para continuar co procedemento de concesión da bolsa: revísanse os requisitos de carácter xeral e académicos e os órganos de selección formulan a oportuna proposta de concesión ou denegación da bolsa.
-
Incompatibilidades Estas bolsas son incompatibles con calquera outra que poidan recibirse para a mesma finalidade, de outras entidades ou persoas públicas ou privadas.
|
|
2. Bolsas de carácter xeral
|
-
Quen pode solicitala? Os estudantes, tanto os que inician estudos universitarios como os que os continúan, que cursan os seus estudos universitarios na mesma comunidade autónoma na que radica o seu domicilio familiar, tanto se inician estudos como se os continúan.
-
Cando e onde se publica? O prazo para solicitar é desde que se publica a convocatoria no Boletín Oficial do Estado, normalmente no mes de xuño, e ata finais de outubro, pero débese estar sempre atento aos prazos que marca a propia convocatoria .
-
Que axudas comprende? Pode ter os compoñentes de axuda que de seguido se relacionan:
-
Axuda compensatoria, en función duns límites económicos que establece o Ministerio segundo o número de membros que forman parte da unidade familiar.
-
Axuda por razón da distancia para desprazamentos interurbanos que virá determinada pola distancia entre o domicilio familiar do bolseiro e o Centro docente no que realice os seus estudos conforme a unha escala que fixa o MEC. Esta axuda é incompatible coa de residencia.
-
Axuda para gastos derivados da residencia durante o curso, fóra do seu domicilio familiar.Axuda para gastos derivados da matrícula.
-
Axuda para gastos de material escolar.
-
Ademais poderán concederse axudas para gastos derivados da realización do Proxecto de fin de carreira ao alumnado de Ensinanzas Técnicas.
-
Que requisitos son necesarios para ser beneficiario? Igual que para as bolsas de iniciación, para ser beneficiario destas bolsas os estudantes deberán cumprir unha serie de requisitos de carácter económico e académico que se publican na convocatoria; cumprimentar o impreso oficial que se pode obter nas expendendurías de tabacos ou a través da páxina web http://becas.mec.es >>Educación>>Becas generales, e achegar os documentos que se solicitan: fotocopia do DNI de todos os membros computables da familia maiores de 14 anos; documento facilitado pola entidade bancaria; fotocopia do imposto de bens inmobles rústicos e urbanos, etc.
-
Onde se presentan as solicitudes? As solicitudes presentaranse na Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudantil, Campus Sur), nas Unidades de Xestión Académica, dúas no Campus de Santiago e unha no de Lugo, e polos procedementos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
-
Quen estuda as solicitudes e propón aos posibles bolseiros? Para o estudo das solicitudes presentadas e selección dos posibles bolseiros constitúese en cada universidade un órgano colexiado, cuxa composición vén publicada na convocatoria, que está apoiado pola Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado.
-
Con que outras bolsas son compatibles? Estas bolsas son compatibles coas Bolsas-Colaboración que convoca o MEC, coas ERASMUS, TEMPUS e outras de análoga natureza. Tamén serán compatibles coas do programa SÉNECA con excepción dos compoñentes de residencia ou desprazamento, cuxa compatibilidade será proporcional ao período de permanencia na universidade de orixe.
|
|
3. Bolsas de Mobilidade
|
Todos os sectores educativos coinciden en que a mobilidade dos estudantes entre as distintas universidades e comunidades autónomas españolas é un importante factor de estímulo para a competitividade do sistema universitario e o conseguinte incremento da súa calidade.
Con este obxectivo púxose en marcha o distrito aberto para que os estudantes poidan solicitar praza na universidade da súa elección con independencia daquela na que superaran a correspondente proba de acceso.
Para que a posibilidade desta mobilidade sexa real o MEC establece un sistema de bolsas e axudas que permitan facela.
-
Quen pode solicitala? Están destinadas aos estudantes universitarios que cursen estudos de primeiro e segundo ciclo en centros situados nunha comunidade autónoma distinta á do seu domicilio familiar. Cando e onde se publica? O prazo para solicitar é desde que se publica a convocatoria no Boletín Oficial do Estado, normalmente no mes de xuño, e ata finais de outubro, pero débese estar sempre atento aos prazos que marca a propia convocatoria.
-
Que axudas comprende? Bolsa xeral ou especial de mobilidade, en función dos límites de renda familiar que marca a convocatoria. Que requisitos son necesarios para ser beneficiario? Para ser beneficiario destas bolsas os estudantes deberán cumprir unha serie de requisitos de carácter económico e académico que se publican na convocatoria; cumprimentar o impreso oficial que se pode obter nas expendendurías de tabacos ou a través da páxina web http://becas.mec.es >>Educación>>Becas generales, achegar os documentos que se solicitan: fotocopia do DNI de todos os membros computables da familia maiores de 14 anos; documento facilitado pola entidade bancaria; fotocopia do imposto de bens inmobles rústicos e urbanos, etc.
-
Onde se presentan as solicitudes? As solicitudes presentaranse na Universidade onde os solicitantes vaian cursar os seus estudos, no caso da USC presentaranse, igual que as bolsas de carácter xeral, na Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado (Pavillón Estudantil, Campus Sur), nas Unidades de Xestión Académica, dúas no Campus de Santiago e unha no de Lugo e polos procedementos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Quen estuda as solicitudes e propón aos posibles bolseiros? En cada Universidade é competente, para comprobar se as solicitudes cumpren os requisitos xerais e académicos esixibles, o Xurado de Selección de Bolseiros que está integrado polos membros que figuran na convocatoria e apoiado pola Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado.
-
Con que outras bolsas son compatibles? Estas bolsas son compatibles coas Bolsas-Colaboración que convoca o MEC e coas ERASMUS, TEMPUS e outras de análoga natureza.
|
|
|
|
|
|
|
|
CONVOCADAS POLA USC
|
|
1. Bolsas para realizar compras no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
|
A Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Institucionais, ao abeiro do Convenio de Colaboración subscrito entre a Sociedade Cooperativa Galega Mercado de Abastos de Santiago de Compostela e a USC, convoca estas bolsas destinadas á realización de compras nos establecementos adheridos a dito Convenio e co obxecto de promover o consumo de produtos frescos entre o estudantado.
|
|
2. Bolsas de comedor do Servizo Universitario de Residencias .
|
Co obxecto de poñer en marcha accións de apoio económico ao estudantado e garantir a igualdade de oportunidades das familias con menos recursos, a Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria convoca estas bolsas.
-
Quen pode solicitala? Os estudantes que sexan bolseiros do MEC das convocatorias anticipada, xeral ou mobilidade, que perciban a axuda para gastos derivados da residencia e que se aloxen no Servizo Universitario de Residencias (SUR)
-
Cando e onde se publica? Convócanse en xaneiro de cada curso académico e o prazo de solicitude está aberto ata finais do mes de setembro e publícanse nos centros da USC, nos Colexios e Residencias Universitarias, e na páxina web: http://www.ti.usc.es/vrest/bolsas.htm
-
Que requisitos son necesarios para ser beneficiario? Ser estudante bolseiro do MEC, percibir a axuda de residencia e aloxarse no SUR
-
Onde se presentan as solicitudes? Presentaranse nos Rexistros Xerais da Universidade: no de Santiago, sito no Colexio de San Xerome, e no de Lugo sito na Vicexerencia de Lugo (Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros, Campus Universitario); nos Rexistros Auxiliares das Unidades de Xestión Académica, o do Campus Sur sito no edificio do Pavillón Estudantil e o do Campus Norte sito no Burgo das Nacións, ou por calquera dos procedementos recollidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
-
Quen estuda as solicitudes e propón aos posibles bolseiros? A Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, revisa o cumprimento dos requisitos dos estudantes e os documentos preceptivos que se teñen que presentar, e eleva a proposta á Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria para a súa concesión ou denegación.
-
Incompatibilidades: Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda ou bolsa que destinada ao mesmo fin obteña o estudante de calquera administración, entidade pública ou privada.
|