Becas para estudios non universitarios
|
BOLSAS QUE PODEN SOLICITAR OS ESTUDIANTES GALEGOS NO ENSINO OBRIGATORIO E ESTUDIOS MEDIOS |
|
|
Bolsas convocadas polo MEC |
|
Infórmase sobre as bolsas que se outorgan na C.A. de Galicia no ensino non universitario, sendo convocadas e adxudicadas polo Estado, reducíndose a competencia da comunidade autónoma nesta materia a un labor de colaboración na recepción e tramitación das solicitudes que se presentan. Existen bolsas de:
|
|
Convocatoria libros |
Última convocatoria, (Orde do 25 de abril, BOE nº 105 do 3 de maio de 2006) Prazo ata 31 de maio de 2006, agás que non teñen reserva de praza nesa data (31 de maio), que poderán presentar esta solicitude con posterioridade. |
|
Axuda de caracter especial para alumnos matriculados en centros sostidos con fondos públicos, en niveis de primeiro e terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria para compensa-las condicións socioeconómicas desfavorables dos alumnos. |
No curso 2006-2007, están convocadas 448.583 bolsas a nivel nacional con un importe de 90,00 € bolsa. Nesta convocatoria non se ten en conta o rendemento académico, sendo polo tanto o factor económico a condición fundamental. Nas bases da convocatoria especifícase claramente os niveis de renda non superables segundo o número de membros da unidade familiar. É o MEC quen verifica este dato xa que recibidas as solicitudes crúzaas coa AEAT (Axencia Estatal de Administración Tributaria). No caso de falta de datos na AEAT o MEC solicita esa información a través das Delegacións para o seu trámite posterior como fase R. Temos que distinguir unicamente nestas bolsas renovación e nova adxudicación, tendo preferencia a renovación. O MEC ponse en contacto directamente cos alumnos, envíalles a credencial de bolseiros e lles indica cándo se fará efectivo o importe na súa conta. Cando a bolsa é denegada por fora de cupo o MEC non o comunica. O impreso sae publicado no BOE (fotocopia), ou a través da páxina web do MEC: http://wwwn.mec.es/mecd/becas/index.html |
|
Convocatoria de educación especial |
Son axudas de caracter especial destinadas a colectivos sociais especialmente necesitados de protección. A actual convocatoria saíu publicada mediante Orde do 8 de maio, no BOE nº 123 do 24 de maio do 2006. Fin do prazo de solicitudes: 23 de xuño de 2006 incluído. Admitiranse solicitudes fóra de prazo cando non admitan demora dada a súa natureza e sempre que se acredite documentalmente a aparición da necesidade con posterioridade ao mencionado prazo. Existen tres tipos de axudas individualizadas:
Neste tipo de bolsas existe renovación e nova adxudicación, tendo preferencia a renovación.
O MEC confecciona os impresos e son distribuídos gratuitamente a tódalas delegacións que logo se encargarán de repartir ós centros correspondentes. Tamén se poden conseguir a traves da páxina web do MEC: http://wwwn.mec.es/mecd/becas/index.html O MEC ponse en contacto directamente co alumno, envíalle a credencial de bolseiro e indícalle cándo se fará efectivo o importe na súa conta. |
|
Convocatoria xeral. A actual convocatoria; BOE nº 156 do 1 de xullo de 2006. Orde do 16 de xuño de 2006. Son axudas ó estudio para compensa-las condicións socioeconómicas desfavorables dos alumnos, e son outorgadas en función da capacidade económica e do rendemento escolar. Son axudas de caracter xeral destinadas a alumnos de ensinanzas medias e universitarios que cursan estudios na nosa comunidade autónoma. |
Ten 6 compoñentes:
Nesta convocatoria tense en conta o rendemento académico e a parte económica. Nas bases da convocatoria puntualízanse ós niveis de renda non superables segundo o número de membros da unidade familiar. O MEC cruza os datos coa AEAT polo que vai a ser Economía quen dea esta información. O impreso adquírese no estanco ou a traves da páxina web do MEC: http://wwwn.mec.es/mecd/becas/index.html Fin do prazo para a presentación de instancias: 31 de outubro de 2006. As Delegacións Provinciais proceden á denegación de aquelas bolsas que non cumpran os datos académicos esixidos na convocatoria. |
|
Convocatoria de educación infantil. |
(Actual convocatoria, BOE nº 197 do 18 de agosto de 2006. Orde do 13 de xullo de 2006.) Abarca nenos de 3, 4 e 5 anos matriculados no 2º ciclo de Ed. Infantil en centros non sostidos con fondos públicos sendo o seu importe de 596,00 €. Nesta convocatoria non se ten en conta o rendemento académico. Neste tipo de bolsas existe renovación e nova adxudicación tendo preferencia as renovacións. As novas adxudicacións fanse en orden inverso a magnitude da renda, sendo, o cruza-los datos, a AEAT quen verificará os mesmos. Fin do prazo de presentación de instancias: 31 de outubro de 2006. O MEC ponse en contacto directamente con cada alumnos, envíalle a credencial de bolseiro así como cando se fará efectivo o importe na súa conta. O impreso adquírese no estanco (é o mesmo da convocatoria xeral) ou na páxina web do MEC: http://wwwn.mec.es/mecd/becas/index.html |
|
Bolsas convocadas pola Comunidade Autónoma de Galicia |
|
|
Programa de gratuidade de libros de texto en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos convocados pola comunidade autónoma de Galicia. |
Orde do 23 de maio de 2006, data da publicación 31 de maio, (DOG nº 103). Fin da convocatoria: 30 de setembro de 2006. No curso 2006/2007 implántase o programa da gratuidade en 4º curso da ESO, e procédese a reposicións dos libros de texto de todos os cursos de Educación Primaria e de 2º da ESO. Ademais poderán repoñer os libros das áreas impartidas en galego de 5º de Educación Primaria. A elección dos libros de texto do programa da gratuidade terán unha vixencia de catro cursos e a súa aprobación efectuarase de acordo coa normativa vixente. Os novos alumnos que se incorporen ao curso poderán acollerse ao programa en calquera dos cursos obxecto da gratuidade. Os alumnos con necesidades educativas específicas poderán incluírse no programa da gratuidade aínda que os libros que utilicen estes alumnos non correspondan cos aprobados polo órgano competente no centro para o citado nivel educativo. Esta axuda é incompatible con calquera outra para o mesmo fin. |
|
Para máis información mirar a páxina Web do MEC, http://wwwn.mec.es/mecd/becas/index.html ou chamar ós seguintes teléfonos: A Coruña: 981.184741 |
|