Distrito aberto
¿Qué é?
O Distrito Aberto consiste en ofrecer a tódolos estudiantes, de calquera parte do territorio nacional, a posibilidade de cursar os seus estudios superiores na Universidade Pública que desexen, independentemente do seu lugar de orixe; sendo, en todo caso, os dereitos dos estudiantes procedentes doutras Comunidades Autónomas os mesmos que os dos estudiantes da Comunidade Autónoma elixida.
A súa implantación foi de forma gradual, durante 3 anos,habendo comezado no curso 2001-2002. A partir do curso 2003-2004 están abertas o 100% das prazas ofertadas para o acceso a primeiros ciclos. Tódolos estudiantes, que reúnan as esixencias legais, poderán solicitar praza na Universidade da súa elección, para cursar primeiros ciclos de estudios universitarios que conduzan á obtención de títulos oficiais e con validez en todo o territorio nacional, con independencia da Universidade na que superaran la correspondente proba de acceso.
¿Como e onde se solicita?
Os estudiantes presentarán as súas solicitudes de ingreso na Universidade ou Universidades onde desexen realizar os seus estudios, tendo en conta os procedementos para a solicitude e adxudicación de prazas fixados polas Comunidades Autónomas.
Calendario Os calendarios de solicitude e adxudicación de prazas fixadas polas distintas Comunidades Autónomas deberán respectar as seguintes datas límites de preinscripción, de publicación de listas de admitidos e de inicio del período de matriculación.
As datas, do curso pasado 2006-2007, foron:
- Período para a preinscripción: Deberá estar aberto como mínimo, ata o 6 de xullo de 2006, inclusive.
- Data para a publicación das listas de admitidos: Antes do 21 de xullo de 2006
- Período de matriculación:Deberá estar aberto a partir do 21 de xullo de 2006
Durante o mes de xuño de 2007 o Consejo de Coordinación Universitaria fará pública a oferta de prazas das universidades públicas, publicándoa no BOE e na súa páxina web para que sexa coñecida antes de que se peche o período de preinscripción.
Para garantir o dereito de todos a estudiar na universidade da súa elección, adelantaranse a primeiros de ano as convocatorias de becas co fin de que antes da data límite de preinscripción, o alumno teña coñecemento da posibilidade de obter unha beca.
Preguntas Frecuentes
¿Pódese compatibilizar a solicitude por Distrito Aberto coa solicitude de admisión no SUG?
Si é compatible. No prazo fixado pola Comisión Interuniversitaria de Galicia pódese realiza-la solicitude do Sistema Universitario de Galicia e no prazo determinado por cada universidade face-la solicitude por distrito aberto. Se se lle adxudica praza no SUG estando á espera da resolución por distrito aberto, deberá matricularse na titulación adxudicada, podendo despois darse de baixa nela, no caso de obter praza por distrito aberto.
¿Como podo saber en que universidades se imparte unha determinada titulación?
Podes consultar esta información, xunto coa dirección e o teléfono do Centro onde se imparte, na lista de universidades españolas ofrecidas nesta páxina web.
¿Existe algunha dirección de internet onde podo consultar todas as “notas de corte” das universidades españolas?
Sí, a dirección é: http://wwwn.mec.es/educa/jsp/plantilla.jspid=801&area=ccuniv&contenido=/ccuniv/html/oferta_de_plazas/xense03.html
Ademais no Departamento de Orientación do centro a través do Programa Orienta 2007, tamén posibilitamos dita información.