
IES
"Francisco Aguiar"
PREMIOS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 2005 -
2006
PREMIOS
- A alumna de 2º BAC Laura Peteiro Mahía acudiu o pasado mes de agosto a
Santiago de Chile en representación de España ó Congreso Internacional de
xóvenes investigadores, co traballo "Dinosaurios, aquellas maravillosas
criaturas", realizado por ela mesma e por Néstor Domínguez Varela.
Ver foto.
- Os alumnos de 2º de Bacharelato de Literatura galega do século XX, baixo a
dirección da Catedrática Concha Delgado Corral, obtiveron o premio do concurso
de carteis convocado polo Corte Inglés.
Ver foto.
- Os alumnos de 2º de ESO, baixo a dirección da profesora
Elvira Castro, participaron no concurso "Mejor periodista juvenil" organizado
polo Programa Prensa-Escuela da Voz de Galicia e patrocinado por Caixa
Galicia, resultando ganadora dun 3º premio a alumna de 2ºC de ESO Bárbara
Rodríguez No (primeira pola esquerda)
Ver foto.
ACTIVIDADES
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- Intercambio co Liceo Nº 6 "Adam Mickiewicz" de Cracovia (Polonia): Un
grupo de alumnos do IES "Francisco Aguiar" estiveron en Cracovia, acompañados
polos profesores Sebastián Buedo e Marisol Pérez.
- Eclipse de sol do 3 de outubro
de 2005
- 6-Outubro-2005: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á representación da
obra de teatro :"Con ropa de domingo", do Teatro Pálpito de Cuba, dentro do
festival internacional de títeres, patrocinado polo concello de Betanzos.
- 7-Outubro-2005: Asistencia dos alumnos/as de 2º da ESO á representación da
obra de teatro :"Historias para un desván", do Teatro Urgente de Madrid,
dentro do festival internacional de títeres, patrocinado polo concello de
Betanzos.
- Outubro-2005: Exposición fotográfica da viaxe feita a Cracovia por parte
dun grupo de alumnos/as do centro.
- 18-Outubro-2005: Charla da misioneira relixiosa en África : Justina de
Miguel ; sobre "Desarrollo e Misión". Organizada polo Departamento de Relixión.
- 20-Outubro-2005: Participación do alumnado de 2º da ESO , dirixidos pola
profesora Elvira Castro, na campaña " Correos reparte sonrisas a los niños".
- 25-Outubro-2005: Excursión de alumnos/as de 1º de BAC á Casa de Rosalía en
Padrón e á Catedral de Santiago. Organizada pola profesora Uxía López.
- 27-Outubro-2005: Encontro de estudantes de Inglés no que participaron
alunmos/as do Ciclo de Información e Comercialización Turísticas e alumnos/as
dun intercambio da academia Agarimo da nosa vila.
- 10-13-Novembro-2005: Viaxe dun grupo de alumnos/as de 2º de BAC a Bruselas
para visitar as institucións europeas, facendo tamén unha excursión a Brujas.
Patrocinado polo parlamentario europeo, veciño de Betanzos : Antolín Sanchez
Presedo.
- 11-Novembro-2005: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á proxección da
película " Los chicos del coro", dentro do programa de Cinensino de prevención
de drogodependencias. Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 16-Novembro-2005: Conferencia para alumnos/as de 1º e 2º de BAC de
ciencias, do ex-rector da Universidade de Santiago e Catedrático de Física :
Carlos Pajares Vales sobre "Os tres primeiros minutos do Universo".
Patrocinada polo Rotary Club de Betanzos, como conmemoración do Ano
Internacional da Física.
- 18-Novembro-2005: Charla da profesora do CSIC : Mónica González , para
alumnos/as de 2º de BAC, có gallo da Semana da Ciencia, para mostrarlles cal é
a finalidade da labor investigadora.
- 1-Decembro-2005: Asistencia dos alumnos/as de Música de 1º e 2º de BAC, o
ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia no palacio da Ópera de A Coruña.
Organizada polo Departamento de Música.
- 2-Decembro-2005: Presentación para os alumnos/as de 2º da ESO, do Concurso
Nacional de Redacción "Coca Cola".
- 19-Decembro-2005: Confencia para os alumnos/as de 1º de BAC: "Accidentes
de tráfico na xente moza", polo Doutor Francisco Martelo Villar, da Real
Academia de Mediciña e Ciruxía de Galicia. Patrocinada pola Diputación
provincial de A Coruña.
- 21-Decembro-2005: Taller de Bebidas Saludables para alumnos/as de 4º da
ESO. Patrocinado polos Servicios Socias do Concello de Betanzos.
- 21-Decembro-2005: Teatro: "Cultura para dar e tomar", do grupo Mofa e
Befa, para alumnos/as de 3º da ESO, na aula municipal de Cultura.Patrocinado
polo concello de Betanzos.
- 19-22-Decembro-2005: Charlas para alumnos/as de 1º da ESO de Prevención de
Drogodependencias, por parte dos Servicios Sociais do Concello de Betanzos.
- 22-Decembro-2005: Actividades de Fin de trimestre:
- Teatro: "Monólogos do Nadal", por parte do Grupo de Teatro do IES
Francisco Aguiar, dirixidos polo profesor Constantino Chao.
- Xadrez: Campionato de Nadal de Partidas Rápidas. Organizado polo Profesor
Oscar García.
- Música: Concerto de alumnos de música da ESO e de BAC. Dirixidos polas
profesoras Blanca Bello e Julia Otero.
- Balonmán: Semifinais e Finais do torneo de Balonmán masculino e feminino,
organizado polo profesor Raimundo Fernández.
SEGUNDO TRIMESTRE:
- 18-Xaneiro-2006: Excursión á Fundación Camilo Jose Cela de alumnos/as de
1º de BAC . Organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
- 26-Xaneiro-2006: Asistencia ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia de
alumnos de música de 1º de BAC. Organizada polo Departamento de Música.
- 25-27-Xaneiro-2006: Visita a Fitur dos alumnos/as dos Ciclos Superiores de
Información e Comercialización Turísticas e de Xestión Comercial e Marketing,
visitando ademais da feria de turismo, o Corte Inglés, o Centro Comercial
Xanadú, o Congreso dos Diputados e a Exposición sobre os Faraóns Exipcios.
- 2-Febreiro-2006: Visita dos alumnos/as de 3º C+D da ESO ó Parque
Experimental de Enerxías de Sotavento. Patrocinada polo Rotary Club de
Betanzos.
- 2-Febreiro-2006: Asistencia ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia de
alumnos/as de 2º de BAC. Organizada polo Departamento de Música.
- 7-Febreiro-2006: Excursión de alumnos/as de 2º BAC B+D a Carral ,
organizada polo profesor de Historia, Julián Ferrer.
- 13-Febreiro-2006: Teatro" Bicos con lingua" Para 2º de Bac.Patrocinado
polo Concello de Betanzos.
- 14-Febreiro-2006: Excursión dos alumnos de 3º A+D+E da ESO ó Monte do
Gato. Organizada polo Profesor de Historia, Julián Ferrer.
- 15-Febreiro-2006: Asistencia ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia
dos alumnos de música de 2º da ESO. Patrocinada polo Concello de Betanzos e a
Diputación de A Coruña.
- 17-Febreiro-2006: Asistencia dos alumnos de 1º da ESO á proxección da
pelicula "Peter Pan" , do ciclo Cinensino de prevención de Drogodependencias.
Patrocinada polo concello de Betanzos.
- 17-Febreiro-2006: Charlas para os Ciclos Superiores de Comercio e
Marketing e Información e Comercialización Turísticas , por parte
de D.Adolfo Mañas e D.Federico Porto sobre "Técnicas de búsqueda de empleo" e
"Creación de Empresas".
- 23-Febreiro-2006: Festival Musical para alumnos da ESO. Organizado polo
Departamento de Música.
- 24-Febreiro-2006: Charla para alumnos de 2º da ESO do escritor J. Gisbert.
Organizada pola profesora de Lengua e Literatura Española Elvira Castro.
- 24-Febreiro-2006: Partido de Balonmán entre os equipos de "Iberos e
Celtas". Organizado polo profesor de Educación Física Raimundo Fernández.
- 24-Febreiro-2006: Concurso de Comparsas de Antroido para alumnos da ESO e
de BAC.
- 2-Marzo-2006: Charla sobre Literatura Galega para alumnos/as de 4º da ESO
e 2º de BAC. Organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas.
- 3-Marzo-2006: Charlas de prevención de drogodependencias para alumnos/as
de 2º da ESO. Patrocinadas polo Departamento de Servicios Sociais do Concello
de Betanzos.
- 3-Marzo-2006: Charla para alumnos/as de 2º de Bacharelato sobre "O proceso
de ingreso na Universidade".Patrocinadas pola CIUGA.
- 7-Marzo-2006: Asistencia dos alumnos/as de Cultura Clásica e Grego á
representación teatral "Anfitrión" de Plauto. Organizada polos Departamentos
de Latín e Grego.
- 9-Marzo-2006: Exposición de alumnos de 3º B+E+F da asignatura de Cultura
Relixiosa sobre" Malos Tratos".Organizada polo profesor Julián Ferrer.
- 14-Marzo-2006: Comezo da Exposición sobre Láminas de Esculturas de Rodin e
Maillol. Organizada polo Deparrtamento de Francés e o Equipo de
Normalización Linguística.
- 15-Marzo-2006: Visita a Inditex dos alumnos/as do Ciclo Superior de
Comercio e Marketing.
- 20-Marzo-2006: Visita dos alumnosde 1º A+B da ESO ó Centro I. da Estampa
Contemporánea.
- 23-Marzo-2006: Charlas de prevención de drogodependencias para alumnos/as
de 3º da ESO. Patrocinadas polo Departamento de Servicios Sociais do Concello
de Betanzos.
- 25-Marzo-2006: Participación no concurso de redacción "Coca-Cola" de 10
alumnos/as de 2º da ESO.
- 27-Marzo-2006: Visita dos alumnosde 1º D+E da ESO ó Centro I. da Estampa
Contemporánea.
- 27-Marzo-2006: Taller de "Introducción al Escaparatismo" para alumnos/as
do Ciclo superior de Comercio e Marketing.
- 29-Marzo-2006: Charlas de prevención de drogodependencias para alumnos/as
de 4º da ESO. Patrocinadas polo Departamento de Servicios Sociais do Concello
de Betanzos.
- 29-Marzo-2006: Información para alumnos/as de 2º de BAC sobre a Escola de
Hostelería de Galicia.
- 30-Marzo-2006: Participación do curso 2º E da ESO no programa "Clases sen
Fume". Organizado polo profesor José A. Varela.
- 30-Marzo-2006: Charla do Betanceiro "José L. Couceiro Vicos" sobre
emigración e música nos anos 60 en Londres. Para 1º de BAC.
- 30-Marzo-2006: Asistencia ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia de
alumnos/as de 2º E de BAC. Organizada polo Departamento de Música.
- 3-Abril-2006: Teatro na Aula de Cultura : " Final de Película", de Ancora
Producciones. Para alumnos/as de 2º de BAC. Patrocinado polo Concello de
Betanzos.
- 4-Abril-2006: Excursión dos alumnos/as de 2º A+B de Bac ó Museo da
Pedagoxía e Museo do Povo Galego en Santiago. Organizado polo Profesor
Constantino Chao.
- 4-Abril-2006: Actuación da Rondalla de Pulso e Púa :"Presto Vivace", para
alumnos/as da ESO. Organizado Polo departamento de Música.
- 5-Abril-2006: Información para os 2º de BAC sobre os ciclos de Comercio e
Turismo que temos no noso Instituto.
- 5-Abril-2006: Charla para 4º da ESO sobre o Ciclo de Cerámica do Instituto
de Sada.
- 6-Abril-2006: Charlas sobre Piraguismo para alumnos de 1º da ESO .
Organizadas pola profesora de Educación Física Delia Vazquez.
- 6-Abril-2006: Actuación musical nos recreos de alumnos/as de 2º da ESO.
Organizadas polo Departamento de Música.
- 6-7-Abril-2006: Concurso de Ciencias Naturales para alumnos/as de 1º da
ESO. Organizado pola profesora Leonor Seijo.
- 7-Abril-2006: Partido de Baloncesto entre selecións de 1º e 2º da
ESO.Organizado pola profesora de Educación Física Delia Vazquez.
- 7-Abril-2006: Charla do Europarlamentario Antolín Sánchez Presedo sobre
" O Futuro da Unión Europea", para alumnos da ESO e de BAC.
TERCEIRO TRIMESTRE:
- 18-Abril-2006: Excursión dos alumnos/as de 2º C+D+E de Bac ó Museo da
Pedagoxía e Museo do Povo Galego en Santiago. Organizado polo Profesor
Constantino Chao.
- 19-20-Abril-2006: Animaciones de lectura a cargo de Benjamín Míguez Novoa
para alumnos/as de 2º da ESO, sobre o libro "Las lágrimas de Shiva" de César
Mallorquí . Organizadas pola profesora Elvira Castro.
- 20-Abril-2006: Charla sobre "Banda Deseñada", do debuxante de comics
Migelanxo Prado, para os alumnos/as de 3º da ESO. Organizada polo Departamento
de Debuxo.
- 20-Abril-2006: Visita ás instalacións de GADISA dos alumnos/as do Ciclo
Superior de Comercio e Marketing.
- 24-Abril-2006: Visita dos alumnosde 1º C da ESO ó Centro I. da Estampa
Contemporánea.
- 25-Abril-2006: Excursión de alumnos/as de Arte de 2º de BAC a Santiago.
Organizada pola profesora Pilar López.
- 25-Abril-2006: Excursión ó Parque Natural de Corrubedo dos alumnos/as de
Ciencias Medioambientais de 4ºB, 3º C, 4ºF da ESO. Organizada pola profesora
Teresa Cruz.
- 26-Abril-2006: Presentación para os alumnos/as de 1º de BAC do libro de
poemas do escritor betanceiro Geni Sánchez López.
- 27-Abril-2006: Charla da escritora galega Marilar Aleixandre para os
alumnos/as de 3º da ESO e de literatura galega de 2º de BAC. Organizada polo
departamento de Lingua e Literatura Galega.
- 8-9-10-Maio-2006: Taller de gravado para alumnos/as de 1º BAC dirixido
pola artista Asun Parrilla. Elaborouse unha carpeta con textos do homenaxeado
Lugrís Freire e gravados inspirados nos seus textos. Patrocinado polo Concello
de Betanzos.
- 8-Maio-2006: Participación dos alumnos/as de 1º da ESO no ciclo Cinensino
de Prevención de Drogodependencias. Patrocinado polos Servicios Socias do
Concello de Betanzos.
- 11-Maio-2006: Charla de Javier Ares "Japy" sobre ONG´s, para alumnos/as de
4º da ESO.
- 12-Maio-2006: Excursión a Lugo e ao Castro de Viladonga dos alumnos/as de
1º D de BAC. Organizada pola profesora Uxía López.
- 19-Maio-2006: Acto Final de curso para 2º de BAC e Ciclos. Coa entrega de
diplomas , fotos de promoción e insignias de recordo.
- 23-Maio-2006: Excursión ó Parque Natural de Corrubedo dos alumno/as de 4º
da ESO de Ciencias Medioambientais.Organizada pola profesora Teresa Cruz.
- 24-Maio-2006: Teatro : "Do outro lado da Ponte", do grupo Casa Hamlet,
baseado en textos de Lugrís Freire. Para os alumnos/as de 4º da ESO.
Patrocinado polo Concello de Betanzos.
- 26-Maio-2006: Celebración do Torneo de Xadrez de Partidas rápidas, coa
participación de alumnos/as de ESO e de BAC. Organizado polo profesor Oscar
Garcia.
- 22-23-Xuño-2006: Finais do Campionato de Fútbol Sala para primeiro e
segundo da ESO no polideportivo do Instituto. Organizado pola profesora Delia
Vázquez.
- 22-23-Xuño-2006: Finais do Campionato Masculino e Feminino de Balónmán,
coa entrega de trofeos ós millores xogadores/as en cada posto.Organizado polo
profesor Raimundo Fernández.
- 23-Xuño-2006: Excursión ó Castro de Elviña e Castelo de San Antón dos
alumnos/as de 1º da ESO. Organizada pola profesora Carmen Laíño.

