Álbum de fotos: Curso 2005 - 06
|
1º Trimestre |
![]() |
|
|
![]() |
![]() |
![]() |
| 8 de outubro. Acto de entrega do Premio "Protagonistas del mañana", convocado polo Rotary Club, a Adolfo Barbeito e José Á. Calvo, destacados alumnos da promoción 2005 do Instituto "Francisco Aguiar". |
![]() |
![]() |
![]() |
| Un grupo de 54 alumnos deste Instituto manteñen correspondencia con alumnos de Colosó, pobo do Departamento de Sucre, no norte de Colombia. Esta actividade está dirixido neste Centro pola profesora Olga Patiño e enmárcase no proxecto de "Escuelas para la Paz" da ONG "Acción contra el hambre", coa finalidade de enriquecerse co coñecemento doutras culturas. |
![]() |
| A alumna de 2º BAC Laura Peteiro Mahía durante a súa estancia en Santiago de Chile o pasado mes de agosto, onde acudiu en representación de España ó Congreso Internacional de xóvenes investigadores, co traballo "Dinosaurios, aquellas maravillosas criaturas", realizado por ela mesma e por Néstor Domínguez Varela. |
![]() |
| Justina De Miguel, misioneira franciscana, destinada en Senegal, compartiu cos alumnos de 2º e 3º de ESO a súa experiencia nesas terras de pobreza e miseria. |
![]() |
| Visita de alumnos do IES "Francisco Aguiar" a Cracovia no mes de setembro, no intercambio programado co Liceo nº 6 "Adam Mickiewicz" desa cidade. Ir ó álbum de fotos. |
![]() |
| Recepción no Concello de Betanzos na visita dos alumnos do Liceo nº 6 "Adam Mickiewicz" de Cracovia no intercambio programado co IES "Francisco Aguiar". Álbum de fotos. |
![]() |
| Outubro 2005. Acto de homenaxe á Profesora Josefina Otero con motivo da súa xubilación académica. |
![]() |
| Encontro multicultural entre alumnos norteamericanos do University Studies Abroad Consortium que participan no programa Ruta Cultural de Galicia, promovida polo Liceo Agarimo de Betanzos, e alumnos e profesores dos Ciclos Superiores de Comercio e Turismo deste Instituto. |
![]() |
| Foto de La Voz de Galicia (4-11-2005). Os alumnos deste Instituto Laura Peteiro Mahía e Néstor Domínguez Varela foron invitados pola asociación AMVET (Asociación para a Xuventude, Ciencia e Tecnoloxía) para representar a España na Semana Europea da Ciencia, que se celebrará do 6 ó 13 de novembro en Bratislava (Eslovaquia). |
![]() |
![]() |
| Novembro 2005. Acto de homenaxe ó Profesor Serafín Caamaño con motivo da súa xubilación académica. |
![]() |
![]() |
| Novembro 2005. Visita dun grupo de alumnos de 2º BAC e profesores ó Parlamento Europeo de Bruxelas invitados polo Eurodiputado Antolín Sánchez Presedo. Fixeron ademáis un percorrido polas cidades de Bruxelas e Bruxas. |
![]() |
![]() |
| 16 novembro: Conferencia-coloquio do profesor Carlos Pajares Vales, catedrático de Física Teórica e ex-reitor da Universidade de Santiago de Compostela, sobre "Os tres primeiros minutos do Universo". Foi organizada conxuntamente polo Instituto e o Rotary Club de Betanzos, dentro das actividades da Semana da Ciencia programadas polo Instituto. |
![]() |
| Charla da investigadora do CSIC Mónica González Domínguez sobre os proxectos de investigación que se están a desenvolver, dentro das actividades da Semana da Ciencia programadas polo Instituto. |
![]() |
| Alumnos de música de 1º e 2º de BAC asistindo ós ensaios da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio de Congresos de A Coruña, nunha actividade organizada polo Departamento de Música. |
![]() |
| Conferencia-coloquio dirixida ó alumnado de Bacharelato sobre "Accidentes de tráfico na xente moza" a cargo do Dr. Francisco Martelo que dirixe o Servicio de Ciruxía Plástica e Queimados do Complexo Universitario Juan Canalejo de A Coruña. Foi presentado polo Dr. Jorge Teijeiro, ambos os dous mebros da Xunta de Goberno da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia. |
![]() |
![]() |
![]() |
| Actividades do Plan Local de Drogodependencias patrocinado polos Servicios Sociais do Concello de Betanzos. Na primeira: Juan Carlos Prado, psicólogo. Nas seguintes Taller de bebidas saudables. |
![]() |
![]() |
![]() |
| Actividades do Nadal. Trofeo de xadrez organizado polo profesor Óscar García. O primeiro premio foi para Antonio Carro, de 2º de BAC. O segundo premio para Álvaro Couto de 3º de ESO. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Actividades de Nadal: Algunhas imaxes dos monólogos a cargo do Grupo de Teatro do Instituto, dirixido polo profesor Tino Chao. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Actividades do Nadal: Actuais musicais a cargo dos alumnos de música do Instituto, dirixidos polas profesoras da materia Blanca Bello e Julia Dopico. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Actividades do Nadal. Torneo de Balonmá de Nadal entre grupos, organizado polo profesor Raimundo Fernández. Subcampións e campións, femininos e masculinos, respectivamente. |
![]() |
| 21 de decembro. Actuación do grupo de Teatro do Instituto, baixo a dirección do profesor Tino Chao, na Aula de Cultura do Concello de Betanzos. |