AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Álbum de fotos: Curso 2005 - 06

1º Trimestre
2º Trimestre

3º Trimestre

Viaxe cultura a Valencia e Alcante de alumnos de 1º de Bacharelato.
 
Visita de alumnos de 2º BAC, cos profesores Elisa Giráldez e Tino Chao ós Museos Pedagóxico de Galicia e ó do Pobo Galego en Santiago.
20 abril. Charla de Miguelanxo Prado, unha das figuras máis destacadas do cómic a nivel nacional, dirixida a alumnos de 3º ESO nunha actividade organizada polo Departamento de Artes Plásticas, na que expuxo o proceso creativo da banda deseñada, ilustrando con numerosos exemplos.
26 abril. Charla-recital poético do escritor betanceiro Eugenio Luis Sánchez López "Geni", con motivo da recente publicación do seu libro "En alma viva".
Carteis da obra de Manuel Lugrís Freire realizados por alumnos de Literatura Galega do Século XX baixo a dirección da profesora Concepción Delgado. (gañou o concurso)
Actos das Letras Galegas: Taller de Gravado. Distintas secuencias desta actividade a partir de textos de Manuel Lugrís Freire ata a obtención do gravado final, en colaboración co Concello de Betanzos.
O Poeta e Narrador Francisco X. Fernández Naval expoñendo as súas vivencias dunha viaxe recente a Níxer, dentro dunha actividade de concienzación sobre a desigualdade, pobreza, etc. promovida pola profesora Olga Patiño.

A alumna Anabel Fraga recollendo o premio do concurso de carteis convocado polo Corte Inglés.
Taller de encuadernación de diccionarios do que forman parte os alumnos de Técnicas de expresión escrita de 4ºD de ESO, coordinado pola profesora Rafaela Villalba Ferreira.
 

Ver máis orlas de fin de curso

Acto de fin de curso da promoción 2006 de alumnos de 2º BAC e Ciclos Superiores. Foto da Voz de Galicia do 23 de maio.

Folleto-Guía "Tras la huella de dos indianos" (pdf) realizada polo Ciclo Superior de Información e Comercialización Turísticas no curso 2005-06 baixo a dirección das profesoras Irene Gil e Monserrat Penelas-Cortés para o Concello de Betanzos.
Visita de alumnos de 3º e 4º de ESO ó Parque Natural de Corrubedo e ó Castro de Baroña.

3º Torneo "Francisco Aguiar" de partidas rápidas por sistema eliminatorio. O campión foi o alumno de 3º de ESO Álvaro Couto Mesejo (á esquerda) e o subcampión o alumno de 4º de ESO Santiago Rodríguez Golpe.
Alumnos e profesoras do Ciclo Superior de Información e Comercialización Turísticas e diferentes momentos da ruta turística Tras la huella de dos indianos (pdf) que elaboraron e guiaron.
O TÚNEL DO TEMPO. Gran xogo histórico de pistas que organizou o Ciclo Superior de Información e Comercialización Turísticas deste Instituto, desenvolvéndose polo casco histórico de Betanzos e no que participou un gran número de equipos. Na primeira foto pódese ver a presentación do xogo. Na segunda algúns dos actores, alumnos e profesores deste Instituto. Na terceira un equipo de 1º BAC deste Instituto que tivo unha gran actuación e conseguiu o 3º premio. Na cuarta o equipo de profesores, reforzado para a ocasión, que aínda que non obtivo ningún premio fixo unha gran actuación. Finalmente o grupo que obtivo o 1º premio.
(La Voz de Galicia do 14 de xuño) Os alumnos de 2º de ESO, baixo a dirección da profesora Elvira Castro, participaron no concurso "Mejor periodista juvenil" organizado polo Programa Prensa-Escuela da Voz de Galicia e patrocinado por Caixa Galicia, resultando ganadora dun 3º premio a alumna de 2ºC de ESO Bárbara Rodríguez No (primeira pola esquerda)
Caneiros 2006. Actividade lúdica, gastronómica e festiva de profesores (deste Instituto e do IES "Alfonso X el Sabio" de Cambre) polas augas do río Mandeo.
O grupo de 2ºE de ESO que participou na campaña da Consellería de Sanidade "Clases sen fume"
Algúns dos traballos realizados polos alumnos de Fogar dirixidos pola profesora Carmen Souto.
Actividades deportivas de balonmá de fin de curso, organizadas polo profesor de Educación Física Raimundo Fernández.
Entrega por parte do Director do Instituto da insignia de ouro do Centro ó profesor de Matemáticas D. Jesús Espiñeira (á dereita) con motivo da súa xubilación académica.
 
 

1º Trimestre
2º Trimestre

Páxina inicialAtrás