| |
|
2º Trimestre |
 |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
| Visita dos alumnos e profesores dos Ciclos
Superiores Xestión Comercial e Márketing e de Información e Comercialización
Turísticas a Fitur e a Madrid. Dúas das fotos corresponden á visita
realizada ó Congreso dos Deputados |
|
 |
|
 |
| Visita de alumnos de 3ºC e D de ESO da materia
de Ciencias Medioambientais ás instalacións de Sotavento, nunha actividade
patrocinada polo Rotary Club de Betanzos. |
|
 |
| Conferencias-charlas para alumnos do Ciclo
Superior de Xestión Comercial e Márketing sobre técnicas de búsqueda de
emprego e creación de empresas, a cargo de D. Adolfo Mañas e D. Federico
Porto, respectivamente. |
|
 |
| Excursión ó Monte do Gato (Coirós) para estudar
os usos do monte, para alumnos de 3º de ESO, organizada polo Departamento de
Xeografía e Historia. |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
| Actos de Entroido: Festival de Música,
organizado polas profesoras de música Blanca Bello e Julia Dopico. Pupurri
de Series de Debuxos Animados a cargo de alumnos de 2º D de BAC, "El
Carnaval de Venecia" de Paganini por alumnos de 4ºD de ESO, Banda sonora de
"Sonrisas e lágrimas" por 4ºE de ESO, Himno do Antigo Reino de Galicia por
4ºE de ESO e a coreografía "Esa mujer" por alumnas de 3ºD de ESO. |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
| Actos do entroido. Comparsas |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
| Actos do Entroido. Campionato de balonmá:
Celtas - Iberos |
|
 |
| Charla-coloquio de literatura do S. XX sobre
Rafael Dieste para ós alumnos de 4º de ESO e dirixida por Arturo Casas
(esq.), profesor de Teoría da Literatura da USC. Foi organizada polo
Departamento de Lingua e Literatura Galegas. |
|
 |
| Alumnos de 3ºB-E-F de ESO da asignatura de
Cultura Relixiosa, co profesor Julián Ferrer, que fixeron murais con caixas
ó estilo da arte contemporánea para protestar contra os malos tratos, cos
lemas MALTRATAR É DE COVARDES e NON LLE PEGUES BIAC@, despois de ver a
película "Te doy mis ojos". |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
En Francia. Entre os días 27 de
febreiro e 5 de marzo un grupo de 49 alumnos de distintos cursos realizaron
unha excursión cultural a Francia organizada pola profesora de Francés Elisa
Giráldez Villaverde e acompañados ademáis polos profesores Carmen Laíño e
Constantino Chao.
Nas fotografías vemos ó grupo diante da catedral de Notre Dame de
París, ás portas do parque temático de Futuroscope en Poitiers, o cariñoso
saúdo dunha alumna ó robot que da a benvida ós visitantes do devandito
parque, o paseo no "bateau-mouche" e de novo o grupo no Palacio de
Versalles. |
|
 |
|
 |
|
 |
|
 |
| Viaxe a Roma e Florencia de alumnos de 1º e 2º
de Bacharelato entre o 26 de febreriro e 3 de marzo. Alumnos e profesores
acompañantes gozaron da grandiosidade da Cidade Eterna diante de S. Xoán de
Letrán, no Foro e no Vaticano. |
|
 |
| Visita dos alumnos e profesores do Ciclo
Superior de Xestión Comercial e Márketing ás instalacións do Centro
Loxístico de Zara en Arteixo. |
|
 |
|
 |
| Dous momentos da actuación da Orquestra de pulso
e púa da Escola de Música Presto Vivace de A Coruña, na que tocan dúas
profesoras do centro, Julia Dopico (directora da orquestra) e Concha Barrilero,
nun concerto
organizado polo Departamento de Música. |
|
 |
| Charla sobre os Ciclos Formativos de Grao
Superior a cargo dos profesores dos Ciclos Superiores de Información e
Comercialización Turísticos e Xestión Comercial e Márketing que se imparten
neste centro, dirixida ó alumnado de 2º de BAC. |
| |
 |
| Charla dirixida ós alumnos de 4º de ESO sobre o Ciclo Medio
de Cerámica que se imparte no IES de Sada. |
|
 |
| Alumnas de 2º de ESO na exposición de láminas e diversas
manualidades acerca das estatuas de Rodin e de Maillol, organizada polo
Departamento de Francés en colaboración co E.N.L. |
|
 |
| Charla do Europarlamentario Antolín Sánchez Presedo sobre
"O futuro de Europa" a alumnos de 4º de ESO e 2º BAC que están traballando
en temas Europeos. |
|