|
I.E.S. GREGORIO
FERNÁNDEZ
|
|
Ideas
Positivas do IES GREGORIO FERNÁNDEZ UN
PAPELIÑO EN BRANCO
Uns pensaron se sería un avión que pasara de noite, outros que sería culpa da contaminación. O caso é que aquela mañá todo o chan estaba cuberto de follas de papel. Os que crían que era un truco publicitario levaron un chasco cando comprobaron que os papeis estaban en branco; os que supoñían que se trataba dunha broma quedaron desconcertados cando se comprobou que había exactamente un papel en branco por cada habitante da vila.
Pouco a pouco,
cada quen colleu o seu papeliño e as rúas volveron quedar limpas coma se nada
acontecera. Algúns decidiron que todo aquelo non era máis ca unha parvada e
tiraron o papel ó lixo; outros non lle deron moita importancia e dedicáronse a
pintar mamarrachadas; a algún deulle por facer unha paxarita para adorna-la súa
mesa; houbo quen escribiu unha poesía ou un conto; algúns aproveitaron o papel
para mandarlle unha carta a un amigo... Pois así, como o papeliño, é o noso
tempo: está todo en branco e somos nós os que temos que decidir que imos facer
con el. ¿Ti que farías co teu papeliño? ¿Que
é que vas facer co tempo en branco deste curso, deste trimestre, desta semana,
de cada un dos días da túa vida?
Hixiene mental: orde e conertoÁs veces, as cousas parece que lle
rebasan a un: cando -milagrosamente- aparecen as ganas de estudiar, desaparecen
os apuntes, pérdese o libro, amoreanse os papeis, estrágase o boli, e ata
coxea a mesa cando un vai escribir. Daquela, as ganas de estudiar esváense e un
deixa os libros para ir matar o tempo diante do televisor, Unha mágoa; unha
fermosa oportunidade de poñerse ó día perdida. Para que non aconteza tal, convén ter as
cousas en perfecto “estado de revista”. Pero ser ordenado é un hábito que
cómpre desenvolver en tódolos eidos da vida: empezando polo propio cuarto,
seguindo pola propia apariencia e pasando polas ferramentas de traballo, os hábitos
diarios e todo canto ten que ver con nós mesmos. Lembra a máxima: CADA COUSA NO SEU LUGAR
E UN LUGAR PARA CADA COUSA. Non deixes que se che amoreen tarefas
atrasadas; despacha cada cousa no momento. Fai da orde un hábito e terás moito
máis “espacio vital” para disfrutar. Suxerencias para non aburrirseMÁIS ALÓ DO MÍNIMO A menudo, tendemos a funcionar pola lei
do “mínimo esforzo”: facemos o menor esforzo posible, conformámonos con
acadar o aprobado mínimo, chéganos con que as nosas tarefas estean simplemente
“pasables”. Pero se nos paramos a pensar como é o
traballo da xente que admiramos, vemos que eles van máis aló do mínimo: o bo
futbolista non se conforma con marcar o gol senon que procura meter goles
espectaculares; ao atleta de elite non lle abonda con ser o primeiro da proba
senón que intenta superar o record establecido. ¿E ti vaste conformar con ser menos do
mellor que podes chegar a ser? Déixote algunhas suxerencias por se te
animas a sair do montón dos mínimos: –
Nos
teus traballos, ademáis do contido, coida a súa presentación (estarás
exercitando tamén os teus hábitos de orde) –
Unha
vez que remates un traballo -calquera que sexa- bótalle unha ollada para darlle
os retoques oportunos. –
Pensa
que cada cousa que fagas é o reflexo de quen es. –
Colle
como máxima: “sempre un paso máis aló”. Esfórzate non en ser perfecto
senón en mellorar as túas cousas nada máis que un pouco. Para que penses
IMOS CARA ONDE MIRAMOS ¿Sabes andar en bici? De seguro, cando
aprendiches a andar nela, dicíanche: “non mires para a roda, mira cara
adiante”. E tamén terás comprobado que, cando marchas en bici, se te quedas
mirando para un lado, a bici acábase torcendo para ese lado. É que é case unha lei universal: IMOS
CARA ONDE MIRAMOS. Daquela, ás veces cómpre reflexionar
sobre o que temos en perspectiva: ¿que clase de futuro imaxinamos ? ¿Como é a
película que nos facermos deste trimestre, deste curso, do noso futuro traballo? ¿Por que non empezamos a mirar cara a
algo grande, importante, motivador? A ver se damos levado a bici da vida para
ese sitio.
Consellos de vellos:
Canto máis tardes en empezar, máis
traballo hache costar. En mesa limpa e ordenada, o traballo
faise coma nada. A obra feita con esmero, dura séculos e
séculos; a obra axiña rematada, dura pouco ou non dura nada.
|