Coñecerse un mesmo e coñece-las opcións entre as que podes escoller
son dous elementos clave para unha boa elección.
Primeiro
están os ASPECTOS PERSOAIS,
que dependen dun mesmo. Reflexionando sobre todos eles aprenderás a coñecerte.
·
AS
HABILIDADES – CAPACIDADES OU APTITUDES
·
¿Que sabes facer ben?
·
¿Que es capaz de facer?
·
¿En que destacas?
·
¿Que materias ou
asignaturas se che dan mellor?
Exemplos: cociñar,
arranxar aparatos, escribir ou falar un idioma, debuxar, memorizar unha
canción, inventar obxectos orixinais, entender un mapa, xogar ó fútbol,
cantar e bailar, resolver problemas de matemáticas, maquillar e peitear
ás amigas, facer xogos de construcción, ….
·
A
PERSONALIDADE
·
¿Como es?
·
¿Como te comportas?
·
¿Que te diferencia dos
demais?
Exemplos:
es unha persoa extrovertida, ordenada, reflexiva, idealista, optimista,
constante, teimuda, indecisa, activa, tranquila, faladora, preguiceira,
mandona, caprichosa….
·
OS
VALORES
·
¿Que é importante para
ti?
·
¿Cales son as razóns últimas
das túas decisións?
Exemplos: o
prestixio, non ter a ninguén que mande en ti, mandar ti e poder
organiza-lo teu tempo, ter unha profesión creativa, gañar moitos cartos,
axudar ós outros,….
·
OS
INTERESES PROFESIONAIS
·
¿Que che gusta facer?
·
¿Cales son as túas
preferencias?
·
¿Que adoitas facer no teu
tempo libre?
Exemplos: montar e desmontar aparellos, escoitar música, ir de excursión e observa-la
natureza, facer punto de cruz, estar cos amigos e falar, ir ó cine ou ó
teatro, arranxa-la bicicleta, ler, facer de canguro de pícaros…
Por
outra banda están os FACTORES
EXTERNOS, os que non dependen dun mesmo senón do contorno onde
vivimos.
Referímonos
ó ámbito da formación, é dicir ás alternativas de formación que tes
á man e ó mundo laboral, que implica coñecer a realidade do
mercado laboral.
·
A FORMACIÓN: COUSAS QUE CÓMPRE
QUE SAIBAS ANTES DE ESCOLLER UNS ESTUDIOS