|
|
|
|
5. Información nos medicamentos veterinarios >> 25 minutos |
|
Aínda que, en xeral, as condicións de información que deben cumprir os medicamentos veterinarios son as mesmas que o resto dos medicamentos hai algunhas diferencias que deben ser tidas en conta, polo que faremos aquí unha revisión das mesmas.
En principio tanto os recipientes e envases exteriores como o prospecto dos medicamentos veterinarios deben estar escritos de xeito lexible e estar redactados na lingua oficial do Estado español.
Envases e etiquetado: A información que debe constar é a que segue:
Denominación do medicamento veterinario, que pode ser un nome comercial ou unha denominación común, acompañada por unha marca ou polo nome dun fabricante, ou unha denominación científica acompañada por unha marca ou polo nome do fabricante.
No caso de que a denominación dun medicamento veterinario que só ten un único principio activo sexa un nome comercial, a mesma debe ir acompañada da DCI recomendada pola OMS, cando exista, pola DOE ou pola denominación común usual.

* A composición cuantitativa e cualitativa en principios activos por dose ou segundo a forma de administración, para un determinado volume ou peso, empregando, cando exista, a DCI ou, no seu defecto, a DOE ou a denominación común usual.
* Número de referencia para a identificación na produción (número de lote de fabricación).
Número de autorización de posta no mercado.
Nome ou razón social e domicilio ou sede social do responsable da posta no mercado e do fabricante se é diferente.
* Especies animais ás que estea destinado o medicamento veterinario, a forma e a vía de administración.

* Tempo de espera
, aínda cando sexa nulo, para os medicamentos
veterinarios que deban ser administrados aos animais de produción de alimentos
con destino ao consumo humano.
* Data de caducidade nunha linguaxe comprensible.
Precaucións
particulares de conservación, se fose preciso, co símbolo
se a conservación debe ser en frío.
* Precaucións especiais para a eliminación dos medicamentos sen usar e os produtos de desbotar cando proceda.
* No caso de que así o esixa a Administración, deben incluírse mencións esenciais para a seguridade ou para a protección da saúde.
A lenda "Para uso veterinario" ou "Premezcla medicamentosa para pensos", segundo proceda.
A lenda "Prescrición veterinaria", cando sexa precisa receita.
Cando sexan ampolas, todas as indicacións anteriores deben figurar nas caixas, mentres que nos recipientes incluirase:
Denominación do medicamento veterinario.
Cantidade dos principios activos.
Vía de administración.
Número de referencia para a identificación na produción (número de lote de fabricación).
Data de caducidade.
A mención "Para uso veterinario".
A forma farmacéutica e o contido en peso, en volume ou en unidades de toma poden ser indicadas só nos envases.

Noutros casos débese ter en conta o seguinte:
Se son pequenos recipientes que non son ampolas e teñen unicamente unha dose de utilización sobre os que é imposible indicar todos os puntos, as caixas deben conter os trece primeiros puntos anteriores.
Se non hai caixa, todas as indicacións citadas anteriormente deben ir no recipiente.
Nas fórmulas maxistrais e nos preparados ou fórmulas oficinais acompañarase unha etiqueta que inclúa os puntos indicados con asterisco ademais dos seguintes:
Identificación da oficina de farmacia e do veterinario prescritor.
Número co que figura no libro de rexistro da oficina de farmacia.
A lenda "Fórmula maxistral de uso veterinario" ou "Preparado ou fórmula oficinal de uso veterinario" segundo proceda.
Data de elaboración.
Identificación dos animais ou explotación de destino.
En todo caso, os envases deben cumprir as mínimas normas de seguridade para previr accidentes, polo que teñen que ter peches de seguridade e procedementos de identificación rápida e sinxela, ademais do correspondente precinto que lle indique ao usuario/a que a especialidade farmacéutica mantén a composición, calidade e cantidade do produto envasado polo fabricante.
Prospecto: É obrigatorio incorporar un prospecto ao envase de todo medicamento veterinario, agás cando toda a información esixida conste no envase ou na embalaxe externa. O prospecto debe incluír, canda menos, a seguinte información:
Nome, razón social e domicilio ou sede social do responsable da comercialización e do fabricante cando sexa distinto do anterior.
Denominación e composición cualitativa e cuantitativa do medicamento veterinario en principios activos, empregando as DCI sempre que existan.
Principais indicacións terapéuticas ou zootécnicas (se se trata de estimulantes das producións), contraindicacións e efectos secundarios na medida en que ditas indicacións sexan necesarias para a correcta utilización do medicamento veterinario.
Especies animais ás que está destinado o medicamento veterinario, posoloxía en función de ditas especies, modo e vía de administración e indicacións para unha administración correcta, se hai motivos.
Tempos de espera
aínda cando fosen nulos, para os medicamentos veterinarios que deban
administrarse aos animais produtores de alimentos para consumo humano.
Precaucións particulares de conservación, se hai motivos.
Precaucións especiais que hai que adoptar para a eliminación do medicamento sen usar e os produtos de desbotar cando proceda.
Cando se trate de premezclas medicamentosas con destino a pensos, debe incluírse nos prospectos a seguinte información adicional:
Estabilidade no momento da preparación dos pensos, en particular ao calor, á presión e á humidade, necesarios para a granulación dos mesmos.
Estabilidade no penso terminado e, como consecuencia, fixación da data de caducidade que debe figurar nel.
Posibles incompatibilidades con algunha das materias primas que integran os pensos compostos ou con substancias medicamentosas doutras premezclas.
Cantidade de premezcla que debe ser engadida por tonelada de penso.
Se é preciso, medidas preventivas que deben adoptar os operarios/as na fabricación dos pensos.
|
|
Nesta unidade aprendes todo o relacionado coa información e etiquetado dos medicamentos veterinarios, sobre todo no referente á protección da saúde. Repasa os conceptos de DCI e DOE. Fai un cadro-resumo coa información básica que debe ter a embalaxe dos medicamentos veterinarios, as lendas e a información do prospecto. |