CAMPAÑAS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Cada curso escolar organizamos dende a biblioteca diversas actividades para acercar a lectura ao alumnado, e tamén ao resto da comunidade.

As actividades deste ano xiran en torno a LER E ...

  • Campaña Actual
  • Olimpiada do Saber
  • Club de Lectura (Curso 2005-2006)
  • Ler é Vivir (Curso 2005-2006)
  • Ler e Comer (Curso 2004-2005)
  • Ler e Xogar (Curso 2004-2005)
  • CLUB DE LECTURA (Curso 2005-2006)

    O Club de lectura reúnese os luns cada 15 días. Estiveron lendo “Mujeres de ojos grandes” de Ángeles Mastretta e agora están a ler “As rulas de Bakunin” e “A esfinxe de Amaranto” de Riveiro Coello. O luns día 8 Riveiro Coello asistirá a reunión do Club para comentar os seus libros e proxectar algunhas diapositivas.

    LER É VIVIR (Curso 2005-2006)

    O verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con outros verbos: o verbo "amar", o verbo "soñar"...
    Claro que sempre se pode intentar. Adiante: "¡Ámame!", "¡Soña!", "¡Le!"...
    Peor: le dunha vez, ordénote que leas!", "¡Sube o teu cuarto e le!"
    Resultado?: Ningún!

    Flaubert decíalle a súa amiga Louise Collet:" ¡Le para vivir!"

    Esta absoluta necesidade da lectura distínguenos da besta, do bárbaro, do bruto ignorante, do sectario histérico, do dictador triunfante, do materialista bulímico, ¡hai que ler!, ¡hai que ler!

    • Para aprender.
    • Para sacar adiante o nosos estudos.
    • Para informarnos.
    • Para saber de onte vimos.
    • Para coñecer mellor aos demais.
    • Para saber a onde imos.
    • Para conservar a memoria do pasado.
    • Para iluminar o noso presente.
    • Para aproveitar as experiencias anteriores.
    • Para non repetir as parvadas dos nosos antepasado.
    • Para gañar tempo.
    • Para evadirnos.
    • Para buscar un sentido á vida.
    • Para comprender os fundamentos da nosa civilización.
    • Para satisfacer a nosa curiosidade.
    • Para distraernos.
    • Para informarnos.
    • Para cultivarnos.
    • Para comunicar.
    • Para exercer o noso espírito crítico.
    • ...

    Todo isto o decía Daniel Penca no seu libro: "Como unha novela"

     

    LER E COMER (Curso 2004-2005)

    Recollemos entre todo o alumnado e profesorado RECEITAS TRADICIONAIS e fixemos unha exposición de libros de cociña e das receitas recollidas. Coa colaboración de todos/as tivemos unha degustación destas receitas, aproveitando a festa do SAMAÍN a exposición de cabazas. Os/as participantes recibiron un diploma e ao/as gañadores/as de cada modalidade un libro de regalo.

    Coas receitas recollidas editamos un libro que podes atopar no instituto. Tamén podes baixar as receitas en formato PDF dende esta páxina (3,15 MB).



     

    LER E XOGAR (Curso 2004-2005)

    IMOS FACER UNHA EXPOSICIÓN DE XOGUETES ANTIGOS E XOGOS TRADICIONAIS.

    Busca pola casa, pregunta a amig@s, familiares, veciñ@s

    ¡CONTAMOS COA TÚA COLABORACIÓN!