volver ao índice de fichas
reaccións químicas comúns
solubilidade-precipitación
- Son reaccións moi sinxelas, consisten na rotura ou formación dun enalce
iónico entre catións e anións dun sal. O axente intermediario é o
disolvente (auga). Os solutos iónicos posúen moi diferentes graos de
solubilidade.
- Estequiometría: os moles de sustancia que se disolve-precipita dependen
da solubilidade do sal a determinada temperatura e o equilibrio pode
representarse mediante a seguinte ecuación: AmBn(s)
⇄ mAn+(ac) + nBm-(ac); cando se chega ao
equilibrio, ΔG = 0, cúmprese que Kps =
[An+]m.[Bm-]n. Estas
ecuacións poden empregarse para determinar:
- a concentración dun ión en disolución en equilibrio co sólido, cando
coñecemos a do outro ión
- se haberá ou non formación de precipitado
- a solubilidade do sólido en auga pura ou nunha disolución que conteña
un ión común
- Termodinámica: as disolucións dos sales é, en xeral, un proceso
endotérmico pero con cambio de entropía positivo, polo que as
temperaturas altas favorecen a disolución e as baixas a
precipitación.
- Cinética: como os enlaces que hai que rompen e forman són sinxelos, as
reaccións non son moi lentas, pero a axitación mecánica favorece o
proceso.
- Aplicacións: analise química de catións e anións en disolución,
tratamento e potabilización de augas, eliminación de resíduos sólidos
salinos.
ácido-base
- Estas reaccións consisten na transferencia de H+ dunha sustancia
(chamada ácido) a outra que os colle (chamada base) -Brönsted e Lowry-,
poden representarse mediante o seguinte equilibrio: HA + B: ⇄
A- + HB+ (equilibrio de transferencia).
- Estequiometría: a estequiometría destas reaccións está determinada polo
equilibrio de fortaleza relativa entre os ácidos/bases e os seus
bases/ácidos conxugados:
-os ácidos/bases fortes están completamente ionizados
-os ácidos/bases débiles parcialmente ionizados: Ka,b =
x2/(Ci-x)
- O pH é un parámetro útil para medir a acidez-basicidade destas
disolucións, se pH = 7 (neutra), se 0 < pH < 7 (àcida) e se 7 < pH < 14
(bàsica).
- Termodinámica: a disolucións dos ácido/base son todas exotérmicas e
acompañadas dun cambio positivo de entropía, en consecuencia as
disolucións son sempre espontáneas, ΔG < 0
- Cinética: son moi rápidas (duran fraccións de segundo)
- Aplicacións: valoracións (neutralización) ácido/base, proporcionan un
medio para catalizar reaccións (especialmente orgánicas), disolucións de
sales con carácter ácido/base (hidrólises), disolucións amortecedoras
(para manter constante o pH).
oxidación-reducción
- Son reaccións de transferencia de e-, dunha sustancia que os dá
(chamada axente reductor) a outra que os colle (chamada axente oxidante).
O parámetro ''número de oxidación'' permite distinguir (cando non é
evidente) o reductor do oxidante.
- Estequiometría: as proporcións de combinación dependen dos electróns
transferidos entre o oxidante e o reductor (obviamente deben ser os
mesmos) e os coeficientes estequiométricos das sustancias hai que
axustalos para isto sexa así.
- Termodinámica: a variación de enerxía libre depende do traballo
producido na circulación dos eelectróns, ΔG = -nFV
- Cinética: en xeral son lentas
- Aplicacións: valoracións REDOX, pilas químicas (galvánicas e de
electrolise), corrosión metálica, fotografía.
Anterior: EQUILIBRIOS ;
Seguinte: ESTRUCTURA ATÓMICA
Last modified: Thu Jun 3 16:08:22 CEST 2004