volver ao índice de
fichas
equilibrio químico
- Cando unha reacción se produce nun recipiente pechado alcánzase un
equilibrio dinámico onde as reacción directa e inversa transcorren á
mesma velocidade. A partir deste instante non hai cambio neto nas
concentracións de reactivos e productos e o sistema pode ser descrito en
termos dunha relación coñecida como constante de equilibrio,
Kc. A expresión para Kc dedúcese directamente da
ecuación química axustada que representa ao equilibrio. A magnitude de
Kc goberna a extensión coa que se producen as reaccións
directa e inversa. Se Kc é moi grande a efectos prácticos só
se produce a reacción directa e se é moi pequena a inversa. Para valores
intermedios ambas reaccións son importantes e debemos consideralas
simultaneamente mediante unha situación de equilibrio.
- Para predicir o sentido de evolución dunha reacción simplemente debemos
calcular o ciente das concentracións Qc e se é menor que
Kc a reacción se producirá en sentido directo e se é maior en
sentido inverso.
- Se un sistema químico se atopa en equilibrio e por algunha causa
externa é perturbado evolucionara no sentido de restablecer novamente o
equilibrio contrarrestando a acción feita -Principio de Le Chatelier-.
P.ex:
- se o V diminue, o número de moles de gas do sistema
diminuirá
- se a T aumenta, se producirá a reacción endotérmica
- etc.
- A constante de equilibrio Kc está relacionada coa constante
Kp (Kp = Kc.(RT)Δn ), e
esta última relacionada directamente coa ΔGo estándar da
reacción, ΔGo = −RTlnKp
Anterior: CINÉTICA ; Seguinte:
REACCIÓNS