Unha gubia é unha trencha que vista transversalmente presenta unha folla curva. As gubias de corte exterior empréganse para facer acanaladuras, mentres que as de corte interior empreganse para labrar as pezas de contorno curvo como as travesas dunha cadeira. É necesario empregar unha maza para golpear no mango, para que así penetre na madeira facilmente. Tamén é imprescindible inmobilizar moi ben a peza.