| |
|
|
| |
|
Abelardo
e Eloísa
|
|
|
| |
| |
ABELARDO
E ELOÍSA
viviron en Francia na primeira metade do século
XII. Coñecéronse en París, onde
el era un brillante profesor de dialéctica e
ela unha rapaza orfa que estaba baixo a tutela do seu
tío, o cóengo Fulberto. Aínda non
tiña Eloísa dezaoito anos cando comezou
a tomar clases co célebre mestre, e malia que
daquela era moi raro que as mulleres estudasen, pronto
destacou pola súa intelixencia. E tanto e tan
ben conxeniaron alumna e profesor que acabaron indo
alén da teoría e da retórica. Así
o conta o propio Abelardo: "Abriamos os libros,
pero pasaban ante nós máis palabras de
amor ca da lección, e máis eran os bicos
ca as palabras". Non obstante, aquel amor faríaos
famosos pero non felices. Ao cabo dalgúns meses,
o cóengo Fulberto descubriu o que ocorría
e a parella tivo que separarse. Mais Eloísa estaba
embarazada e unha noite Abelardo sacouna ás agachadas
da súa casa e os amantes fuxiron xuntos cara
ao norte. Tras o nacemento do seu fillo, casaron en
segredo e Abelardo regresou a París. Pero o titor
de Eloísa tiña xurado vingarse de aquel
home e pagoulles a uns suxeitos para que o atacasen
pola noite e o
castrasen! E, en efecto, así
ocorreu. Despois de sufrir esa mutilación, Abelardo
fíxose monxe. Eloísa, pola súa
parte, ingresou tamén nun convento. Porén,
a relación entre ambos mantívose durante
máis de vinte anos, ata a morte de Abelardo,
e da forza daquel amor daba así testemuño
a infortunada Eloísa: "Ben sabe Deus que
se Augusto -o emperador do mundo enteiro- quixese honrarme
co matrimonio e me dese en posesión toda a terra
por toda a miña vida, para min sería máis
honroso e antes preferiría ser chamada a túa
amiga que non a súa emperatriz".
|
|
|
|
|
| |
Remedios
Varo, Bordando o manto terrestre, I
|
|
|
E
se che interesou esta historia
podes ler:
Cartas de Abelardo y Eloísa,
Ed. Alianza
G. de Lorris/J.de Meung, Roman de la rose (v.8759-8830),
Ed. Cátedra
José Marchena, "Abaelardo a Heloísa",
en Poesía del siglo XVIII, Ed. Castalia
José Marchena, "Heloísa a Abaelardo",
en Poesía española del siglo XVIII,
Ed. Cátedra
podes ver:
pintura:
Jean Vignaud, Abelardo e Eloísa sorprendidos
por Fulberto
Edmund Blair Leighton, Abelardo e a súa
alumna Eloísa
|
| |
|
|
| |
| |
|
|
|
|
|
|