Que ruín ese corazón que non sabe amar,
que non pode embriagarse de amor!
Se ti non amas, como podes apreciar
a cegadora luz do sol e a suave claridade da lúa?

 
     
 

Así se expresaba Omar Khayyam, poeta persa ferido moitas veces en batallas de amor, que viviu entre os séculos XI e XII. Pero Amor é moito máis vello ca o vello Omar Khayyam. Existe desde que existe a vida e ata que esta non se apague seguirá facendo das súas sobre a face da terra. E para manter contento a ese pequeno deus alado e rebuldeiro, este ano queremos celebrar o día dos namorados lembrando algunhas historias de moi diversa idade e procedencia onde Amor sempre está presente, ás veces, onde menos se espera.

En cada unha das historias atoparás algunhas referencias para que podas profundar un pouco máis, se acaso espertou o teu interese.

 
Narciso e ...
 
Traballo realizado por
Lucía Puentes Vázquez
 
atrás
Hero e Leandro