Jan e Elizabeth
 
Marc Chagall, O aniversario
 
 
JAN E ELIZABETH non pertencen ao mundo do mito, nin á Antigüidade, nin á Idade Media; naceron nos anos vinte do século pasado e ata o día de hoxe viven xuntos en Gales, despois de ter cinco fillos e nove netos. Cando casaron, Jan aínda se chamaba James e con ese nome foi oficial do exército británico e, máis adiante, periodista. Por certo, exercendo este oficio traballou como correspondente de guerra e tocoulle en sorte participar na expedición que, encabezada por Edmund Hillary, alcanzou por primeira vez a cima do monte Everest, en 1953. Dezanove anos máis tarde, cando contaba corenta e cinco de idade, James pasou a chamarse Jan, ao tempo que se convertía de home en muller. Tralo cambio de sexo, o baleiro legal da lexislación británica ante a nova situación obrigou a parella a divorciarse. Pero non por iso deixaron de convivir. Desde o principio da súa relación Elizabeth soubo que no corpo do seu compañeiro habitaba unha alma feminina -a de Jan Morris, hoxe coñecida autora de libros de viaxes e obras de historia- e estaba preparada para aquela evolución; xa que logo, por que ían ter que separarse? Elas explican con sinxeleza as claves do seu éxito: o amor e a amizade. "A bondade e o amor - di Jan-. Con eles podes afrontalo todo. E se amas con forza, todo o fas teu".
 
 
E se che interesou esta historia
podes visitar:

El viajero era ella
podes ler:
Jan Morris, Venecia, Ed. Península
Jan Morris, Un mundo escrito, Ed. RBA
e se che interesou a temática podes ver:
cine: Jane Anderson, Normal (2003)
 
Índice
Hero e Leandro